Isolacionismo
Por Isolacionismo compréndese, en xeral, a práctica oficial dun Estado ou Nación en fecharse para os demais, quere económica, quere politicamente.
Práctica Isolacionista [editar]
En determinados momentos históricos algúns países adoptan unha postura de maior ou menor Isolacionismo, en determinados aspectos de súa política externa. Nos Estados Unidos, por exemplo, hai posturas como a que levaran o país a retardar seu ingreso na Segunda Guerra Mundial - levadas en xeral pola opinión pública americana, con tendencia a ocuparse dos asuntos internos (algo indicado en pescudas de opinión - como durante a Guerra do Vietnam e a Invasión do Irak).
No Brasil, durante a Ditadura Militar (1964-1985), o país viviu na práctica o isolacionismo económico, coa economía practicamente pechada para o mercado externo.
Exemplos [editar]
O Xapón [editar]
Por cerca de 300 anos o Xapón mantivo en voga un sistema chamado Sakoku, onde non era admitida sequera a entrada de estranxeiros no país, ben como a saída de nativos para outro. O obxectivo era manter inalterada a vida interna, e consecuentemente seu equilibrio.
O sistema de sakoku durou ata 1853, ano en que o comodoro Matthew Perry se presentou cunha flota de buques de guerra de Estados Unidos de América para esixir a apertura sen restricións do comercio e forzou posteriormente a firma por parte de Xapón do tratado de Kanagawa. O termo sakoku, con todo, non foi utilizado ata o século XIX. Porén a apertura iniciada en 1853, aínda era ilegal para os xaponeses abandonar o territorio do seu país ata a restauración Meiji.