Felipe Fernández-Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felipe Fermín Ricardo Fernández-Armesto, coñecido como Felipe Fernández-Armesto, nado en Londres en 1950, é un historiador británico de orixe galega, autor de varias obras moi populares de historia revisionista.

É fillo do periodista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía) e da xornalista inglesa Betty Millian de Fernández-Armesto, que foi cofundadora e editora de The Diplomatist, diario interno do corpo diplomático acreditado en Londres.

Está casado con Lesley Patricia Hook, da que ten dous fillos, Federico David Fermín Arturo e Sebastian Felipe Xavier, coñecido como Sebastian Armesto.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos na Universidade de Salamanca a finais dos anos 1960, trasladándose despois á de Oxford,[2] onde obtén o título de Doutor en Historia e onde desenvolveu gran parte da súa carreira profesional. Pero tamñén foi profesor en varias universidades e institutos de investigación en Europa e América, impartindo clases na Universidade de Londres (Queen Mary College), na Universidade Tufts de Massachusetts, e nas de Yale, Columbia e Cambridge.[1]

En 1982 publicou The Canary Islands after the Conquest: The Making of a Colonial Society in the Early Sixteenth Century ("Canarias despois da conquista: a construción dunha sociedade colonial a comezos do século XVI"), estudo do primeiro asentamento europeo nas illas, que constituiu a síua tese de doutoramento.[2]

E en 1987, Before Columbus: Exploration and Colonization from the Mediterranean to the Atlantic 1229-1492 ("Antes de Colón: exploración y colonización do Mediterráneo até o Atlántico 1229-1492"), un estudo da primeira fase do imperialismo europeo cando os europeos deixaron o Mediterráneo e colonizaron as illas ao longo da costa noroeste de África.

Con estas dúas obras comezou unha vasta serie de libros e artigos, algúns traducidos a vinte e tres idiomas, entre os que destacan os títulos Columbus (1992), Millennium (1995), Civilizations (2002), Barcelona: mil anos de historia (2006) e Pathfinders: a Global History of Exploration (2006), até a máis recente, Our America: A Hispanic History of the United States (2014).

Desde setembro de 2005 até 2009 exerceu a cátedra Príncipe de Asturias da Universidade Tufts, en Boston (Massachusetts, Estados Unidos de América). En 2009 incorporouse ao departamento de historia da Universidade de Notre Dame (Indiana, Estados Unidos de América).

Fernández-Armesto gañou a atención dos medios en 2007 pola súa denuncia contra cinco policías en Atlanta, Georgia, de presunto embrutecemento pola súa detención por facer jaywalking (cruzamento peonil ilegal ou imprudente dunha estrada).[3] [4]

É membro do Athenaeum Club (London), da Hakluyt Society e da Royal Historical Society.[1]

A súa visión da historia[editar | editar a fonte]

Felipe Fernández-Armesto, segundo Neil Scott,[2] é o máis parecido a un home do Renacemento. Con flagrante desprezo pola tendencia contemporánea cara á especialización usa unha posición única da historia (incorporando todo) para volver a examinar a relación da humanidade co planeta Terra. A súa historia é unha historia global no verdadeiro sentido da palabra: ve os seres humanos como actores dun drama global en vez que como autores do seu destino. En Milenio, por exemplo, intentou ver os últimos 1000 anos desde a perspectiva imaxinaria dos "Gardas dun Museo Galáctico", cuxa distancia permitiría observar a interacción da ecoloxía, os descubrimentos e as tendencias intelectuais sen o nesgo do progreso ou do interese persoal.

A frescura da súa narrativa histórica deriva do feito de que non está atado pola limitada perspectiva das fontes escritas predecíbeis, utilizando fragmentos do coñecemento dos campos da antropoloxía, a bioloxía e as humanidades. De feito, a única razón de vacilar en utilizar, refíndonos a el, o termo de "home do Renacemento" é que se basea nunha idea recibida do Renacemento, que el mesmo desbotou: "as ideas convencionais (...) fan que pareza que este período estivo dominado polas ideas, construídas por mentes. Pero, de feito, as transformacións máis grandes ocurrerron por accidente e deben ben pouco ao ser humano consciente".

E nas súas propias palabras:[2]

«Coa miña habitual perversidade intelectual, pensei que sería interesante contar cunha historia do mundo escrita desde unha perspectiva imaxinaria. Estou interesado no cambio de perspectiva. Creo que na realidade histórica obxectiva. Creo que a verdade está aí e non son un relativista ou un posmodernista.»

Principais obras[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

As súas principais publicacións son:[1]

  • 1974 - Columbus: And the Conquest of the Impossible (Colón: e a conquista do imposíbel). 2ª ed. do ano 2000. New Haven, CT, USA: Phoenix Pres. ISBN 978-1-8421-2084-2. Resume (en inglés)
  • 1982 - Sadat and His Statecraft (Sadat e a súa arte de gobernar). Oxford: Kensal Press; 2ª ed. en 1983. ISBN 978-0-9460-4114-5.
  • 1982 - The Canary Islands After the Conquest: The Making of a Colonial Society in the Early Sixteenth Century (As illas Canarias despois da conquista: a creación dunha sociedade colonial a principios do século XVI). Oxford (UK): Clarendon Press / New York (USA): Oxford University Press. ISBN 978-0-1982-1888-3.
  • 1988 - The Spanish Armada: The Experience of War in 1588 (A Armada invencíbel: a experiencia da guerra en 1588). New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1982-2926-1. Sinopse (en inglés)
  • 1991 - Columbus (Colón). New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1921-5898-7. Sinopse (en inglés)
  • 1991 - Ferdinand and Isabella (Fernando e Isabel). New York: Hippocrene Books Inc. ISBN 978-0-8802-9744-8.
  • 1992 - Barcelona: A Thousand Years of the City's Past (Barcelona: mil anos de historia da cidade). New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1928-5273-1.
  • 1995 - Millennium: A History of Our Last Thousand Years (Milenio: historia dos últimos mil anos). New York: Scribner. ISBN 978-0-6848-2536-6. Recensión por Michael J. Edelman. (en inglés) Recensión por William Hardy McNeill en Journal of World History 8 (1): 166-168. (en inglés) Recensión en Seanchas Ardmhacha: Journal of the Armagh Diocesan Historical Society Vol. 17, No. 1 (1996-97), pp. 248-251. (en inglés)
  • 1997 - Before Columbus: Exploration and Colonization from the Mediterranean to the Atlantic, 1229-1492 (Antes de Colón: exploración e colonización do Mediterráneo ao Atlántico, 1229-1492). Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-1412-3.
  • 2000 - Truth: A History and Guide for the Perplexed (A verdade: historia e guía para perplexos). London: St. Martin's Griffin. ISBN 978-0-3122-7494-8.
  • 2000 - Civilizations: Culture, Ambition, and the Transformation of Nature (Civilizacións: cultura, ambición e transformación da natureza). New York: The Free Press. ISBN 978-0-7432-0249-7. Ampla recensión en The Guardian (en inglés). Hunters, Gatherers, Fixers - Classifying civilization by the ways in which we alter our environment (Cazadores, recolectores, fabricantes de utensilios - Clasificación das civilizacións segundo a maneira en que alteran o medio ambiente). Ampla recensión por J. R. McNeill, da Universidade de Georgetown. (en inglés)
  • 2001 - Food: A History (A comida: unha historia). London: Pan Books. ISBN 978-0-3304-9144-0. Sinopse (en inglés)
  • 2003 - The Americas: A Hemispheric History (As Américas: unha historia hemisférica). Modern Library. ISBN 978-0-8129-7554-3. Sinopse (en inglés)
  • 2003 - Ideas That Changed the World (Ideas que cambiaron o mundo). London: Dorling Kindersley. ISBN 978-0-7894-9609-6. Sinopse
  • 2004 - Humankind: A Brief History (A humanidade: unha breve historia). New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280-575-1. Resume (en inglés)
  • 2005 - So You Think You're Human?: A Brief History of Humankind (Así que cres que es humano?: unha breve historia da humanidade). New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1928-0417-4. Lectura parcial (en inglés)
  • 2006 - Pathfinders: A Global History of Exploration (Os conquistadores do horizonte: historia mundial da exploración). New York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-3933-3091-5.
  • 2006 - Amerigo: The Man Who Gave His Name to America (Amerigo: o home que deu o seu nome a América). Random House. ISBN 978-0-8129-7298-6. Sinopse (en inglés)
  • 2006 - The World: A History. Combined Volume (O Mundo: Historia. Volume combinado). Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall. ISBN 978-0-2057-5930-9.
  • 2009 - 1492: The Year Our World Began (1942: O ano en que comezou o noso mundo). New York: HarperOne. ISBN 978-0-0611-3228-5.
  • 2014 - Our America: A Hispanic History of the United States (A nosa América: historia hispánica dos Estados Unidos). New York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-3933-4982-5. Sinopse (en inglés) / Remapping the Territory - 'Our America' Recensión por Julio Ortega en The New York Times, JAN. 17, 2014. (en inglés) / A Spanish-speakers' view of 'Our America' Recensión por Hector Tobar en Los Angeles Times, January 10, 2014. (en inglés)
En colaboración
  • 1996 - Reformation: Christianity and the World, 1500-2000 (A Reforma: a cristiandade e o mundo). New York: Bantam Press. ISBN 978-0-5930-2749-3. (Con Derek Wilson). Recensión de Francis Golding, Secretario de ICOMOS UK – The International Council on Monuments and Sites, en History Today. (en inglés)
  • 2005 - The Malaspina Expedition 1789-1794: Manila to Cadiz v. 3: The Journal of the Voyage by Alejandro Malaspina. (La expedición Malaspina 1789-1794: de Manila a Cádiz. Vol. 3: O diario de viaxe de Alejandro Malaspina). Redactores: Andrew David, Felipe Fernandez-Armesto, Carlos Novi, Glyndwr Williams; traductora: Sylvia Jamieson. London: Hakluyt Society. ISBN 978-0-9041-8084-8.
Como editor
  • 1992-2002 - A History of England. 12 volumes. London: Folio Society. (o Volume 12, England 1945-2000, é da autoría de F. Fernández-Armesto).
  • 1994 - Times Guide to the Peoples of Europe: The Essential Handbook to Europe's Tribes. New York: Times Books. ISBN 978-0-7230-0624-4.

Traducidas ao castelán[editar | editar a fonte]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Entre outras distincións, Fernández-Armesto foi galardoado coa medalla John Carter Brown, a medalla Caird do Museo Marítimo Nacional do Reino Unido, e a medalla do tricentenario da Sociedade de Anticuarios de Londres.

Ademais, recibiu o Premio Nacional de Investigación da Sociedade Xeográfica Española, o Premio Nacional de Gastronomía da Real Academia de Gastronomía de España polo libro Historia de la comida, e o premio da World History Association Book Prize polo libro Pathfinders: a Global History of Exploration (2007).

No ano 2008 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade dos Andes (Bogotá, Colombia).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Felipe Fernández-Armesto.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Neil Scott: Entrevista con Felipe Fernández-Armesto en TMCQ.
  3. History News Network video interview with Professor Fernández-Armesto Describe a súa detención por cruzar a rúa entre os hotais Hilton e Hyatt en Atlanta, en xaneiro de 2007.
  4. Daily Mail: 'I was grabbed and thrown in U.S. jail for crossing road' (Agarrárnome e botáronme nunha cárcere dos EU.UU. por cruzar unha rúa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]