Gran colisor de hadróns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cadea de aceleradores do gran colisor de hadróns (LHC) |
|
| Experimentos | |
| ATLAS | Aparello Toroidal do LHC |
| CMS | Solenoide de Muóns Compacto |
| LHCb | LHC-beauty |
| ALICE | Gran colisor de ións |
| TOTEM | Sección de cruzamento total, diseminación elástica e disociación por difracción |
| LHCf | LHC-dianteiro |
| Preaceleradores | |
| p y Pb | Acelerador liñal de protóns e chumbo |
| (no marcado) | Lanzador de protóns do sincrotrón |
| PS | Sincrotrón de protóns |
| SPS | Supersincrotrón de protóns |
O gran colisor de hadróns ou gran colididor de hadróns[1] (en inglés: Large Hadron Collider ou LHC, siglas polas que é xeralmente coñecido) é un acelerador colisor de partículas localizado no CERN, preto de Xenebra (na fronteira franco-suíza). O LHC foi deseñado para colisionar feixes de protóns de 7 Tev de enerxía, sendo o seu propósito principal examinar a validez e límites do Modelo estándar, que é actualmente o marco teórico da física de partículas, do cal se coñece a súa ruptura a niveis de enerxía altos. O LHC convertirase no acelerador de partículas máis grande e enerxético do mundo.
Índice |
[editar] Funcionamento e expectativas
Hoxe en día o colisor atópase enfriando ata que acade a súa temperatura de funcionamento, que é de 1,9 K (menos de 2 grados sobre o cero absoluto ou −271,25 °C). Os primeiros feixes de partículas inxectáronse o 1 de agosto de 2008[2], o primeiro intento para facer circular os feixes por toda a traxectoria do colisor producirase o 10 de setembro de 2008[3] mentres que as primeiras colisións a alta enerxía terán lugar despois de que o LHC se inaugure de forma oficial o 21 de outubro de 2008[4].
Teoricamente, agárdase que, unha vez en funcionamento, se produza a partícula másica coñecida como bosón de Higgs (chamada, ás veces, "A partícula de Deus"[5]). A observación desta partícula confirmaría as prediccións e "ligazóns perdidas" do Modelo estándar da física, podéndose explicar como adquiren as outras partículas elementais propiedades como a súa masa[6].
Verifica-la existencia do bosón de Higgs sería un paso significativo na busca dunha Teoría da grande unificación, teoría que pretende unificar tres das catro forzas fundamentais coñecidas, quedando fóra dela, unicamente, a gravidade. Por outra banda, este bosón podería explicar por que a gravidade é tan feble comparada coas outras tres forzas. Xunto ao bosón de Higgs tamén poderían producirse outras novas partículas que xa foran preditas teoricamente, e para as que se planificou a súa busca[7], coma os strangelets, os microburacos negros, o monopolo magnético ou as partículas supersimétricas
O novo acelerador usa o túnel de 27 kms de circunferencia creado para o gran colisor de electróns e positróns (LEP, polas súas siglas en inglés).
[editar] Notas
- ↑ Sobre a forma correcta, véxase en Un idioma preciso
- ↑ Dennis Overbye (29 de julio de 2008). "¡Que comece a rotura de protóns! (Xa se escribiu o rap)". The New York Times.
- ↑ http://lhc-first-beam.web.cern.ch/lhc-first-beam/Welcome.htmlNota de prensa do CERN, 7 de agosto de 2008
- ↑ O LHC será presentado o 21 de outubro. Científico ruso. RIA Novosti.
- ↑ The God Particle: If the Universe Is the Answer, What Is the Question?, by Leon Lederman, Dick Teresi, hardcover ISBN 0-395-55849-2, paperback ISBN 0-385-31211-3, Houghton Mifflin Co; (January 1993)
- ↑ Ellis, John (19 de xullo de 2007). "Máis aló do modelo estándar co LHC". Nature 448: 297–301. DOI: 10.1038/nature06079. Consultado o 2007-11-24.
- ↑ I.F. Ginzburg, A. Schiller, “Search for a heavy magnetic monopole at the Fermilab Tevatron and CERN LHC”, Phys. Rev. D57 (1998) 6599-6603, arXiv:hep-ph/9802310; A. Angelis et al., "Formation of Centauro and Strangelets in Nucleus-Nucleus Collisions at the LHC and their Identification by the ALICE Experiment”, arXiv:hep-ph/9908210; G. L. Alberghi, et al., “Searching for micro black holes at LHC”, IFAE 2006, Incontri di Fisica delle Alte Energie (Italian Meeting on High Energy Physics)
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |