Ciencias sociais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As ciencias sociais son aquelas ciencias ou disciplinas científicas que se ocupan de aspectos da humanidade non estudados nas ciencias naturais. Dedícanse ao estudo das manifestacións materiais e inmateriais das sociedades.

Tamén se emprega a distinción entre ciencias da natureza e ciencias do espírito. Nestas últimas ciencias estarian situadas as ciencias sociais.

A maioría das ciencias sociais non busca descubrir leis de alcance universal, senón interpretar o sentido da acción humana. Isto realízase principalmente por medio da comprensión das intencións subxectivas das persoas. As ciencias sociais foron recoñecidas como tales no século XVIII. O seu principal obxecto de estudo é o home.

As principais ciencias sociais son: Política, antropoloxía, socioloxía, psicoloxía, dereito, xeografía historia, economía e filosofía.

A Ciencia Social[editar | editar a fonte]

Para podermos falar dunha Ciencia social é preciso que a disciplina á que nos refiramos teña como obxecto de estudo as accións humanas que impliquen unha interacción social que sexa relevante dentro da comunidade ou do hábitat.

A denominación concreta que presentan as ciencias sociais non sempre procede de que o obxecto de estudo sexa realmente diferente, senón da perspectiva coa cal se afronta a actividade humana e da metodoloxía de investigación empregada para acadar explicacións válidas.

Grupos de ciencias sociais[editar | editar a fonte]

O principal grupo de ciencias sociais esta formado por:

Á cal se agregan:

Outras disciplinas, que son situadas ás veces como parte das humanidades, son:

Moitas das disciplinas científicas que integran este grupo tiveron discusións epistemolóxicas respecto de que é unha ciencia. Nos seus inicios tomouse como modelo dunha ciencia social á física e demais ciencias naturais. Así a todo co tempo identificouse a particularidade do obxecto de estudo, que é a sociedade, a cal non se encadra dentro dos métodos e supostos que estudan as ciencias naturais.

Na actualidade existen críticas á crecente especialización e escasa intercomunicación entre as ciencias sociais. Isto iría en menoscabo dunha análise global da sociedade (ver Wallerstein 1996).

A Encyclopedia of Sociology (Borgata e Mantgomery 2000), estuda este tema: A Socioloxía é a materia máis aberta a achegas do resto das Ciencias sociais e isto dedúcese das compilacións de índices de citacións en artigos e libros. A interrelación entre as ciencias sociais permite que nas zonas fronteirizas das mesmas se vaian creando híbridos que, ó final, aportan coherencia ós estudos das ciencias en cuestión.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borgatta, Edgar F. e Rhonda J. V. Montgomery. (1992) 2ª edición 2000. Encyclopedia of Sociology . 5 volumes. Macmillan. ISBN 0-02-864853-6
  • Wallerstein, Immanuel. 1996. Abrir las Ciencias Sociales. Século XXI, México. ISBN 968-23-2012-7.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Raecpedia, Unha enciclopedia en ciencias sociais desde una visión latinoamericana baixo licenza GFDL".