Eoin MacNeill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eoin MacNeill en 1916

Eoin MacNeill, nado como John MacNeill en Glenarm, Condado de Antrim, Irlanda, o 15 de maio de 1867 e finado en Dublín o 15 de outubro de 1945, foi un mestre, historiador, revolucionario e político nacionalista irlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lembrado hoxe en día coma o pai da historiografía medieval irlandesa, foi cofundador da Conradh na Gaeilge, organización destinada á preservación da cultura e da lingua irlandesas. Membro do concilio que creou os Voluntarios Irlandeses, chegando a ser o seu líder alentado pola Irmandade Republicana Irlandesa durante o Alzamento de Pascua, malia que non participou no deseño da rebelión, chegando mesmo a intentar que non se producira. Ocupou varios cargos ministeriais na Irlanda independente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]