Historia do Exipto greco-romano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Egypte louvre 284.jpg
Historia do Exipto Antigo
O Exipto greco-romano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

A historia do Exipto durante o período greco-romano (332 a.C. - 395 d.C.) considérase ás veces parte da historia do Exipto Antigo .

O período greco-romano[editar | editar a fonte]

No 332, Alexandre Magno tomou pose de Exipto sen necesidade de loita. Fundou Alexandría, sacrificou aos deuses exipcios e consultou o oráculo de Ammón (non o Amón exipcio). Á súa morte, Ptolomeo erixiuse en soberano da satrapía de Exipto, enterrou en Menfis a Alexandre (que foi levado a Alexandría con posteridade) e proclamouse independente.

Durante os dous séculos seguintes Exipto foi gobernado por gregos, pero como un país independente. Entrou no mundo helenístico e avanzou na agricultura (dúas colleitas anuais, por exemplo) e no comercio. Xurdiron moitos asentamentos gregos e Alexandría chegou a ser a capital do mundo grego. Os Ptolomeos presentábanse nos monumentos indíxenas como faraóns tradicionais e mesmo gravaban inscricións relatando as súas accións. Os anuncios públicos gravábanse en tres escritas: a xeroglífica exipcia, a demótica ou popular e en grego. Un destes decretos, publicado por Ptolomeo V Epífanes (205-180), conservouse na pedra de Rosetta e permitiu o desciframento da escrita xeroglífica no século XIX.

No século II producíronse numerosas revoltas dos nativos do Alto Exipto, ao tempo que abundaban as conspiracións dentro da familia gobernante. Durante s período tolemaico desenvolveuse moito o culto aos animais, creándose mesmo cidades mortuorias para a momificación de animais, peregrinacións e consultas oraculares.

No ano 30 a.C. Roma apropiouse de Exipto. Convertido no seu "celeiro", era administrado directamente polo emperador a través dun prefecto. A relixión continuou como antes, pero erguéronse moitos menos edificios e monumentos que con anterioridade. A cultura exipcia foi destruída polo cristianismo. A última inscrición en escrita xeroglífica data do 394 d.C.; ao ano seguinte dividiuse definitivamente o Imperio Romano e Exipto ficou como posesión do Imperio Romano de Oriente, ou Bizancio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: o Antigo Exipto