Émile Benveniste
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Émile Benveniste, nado en 1902 e finado en 1976, foi un lingüista francés.
[editar] Traxectoria
Destacou polos seus traballos no ámbito da gramática comparada das linguas indoeuropeas, así como en lingüística xeral. Foi alumno de Antoine Meillet. Ensinou na École pratique des hautes études a partir de 1927 e no Collège de France a partir de 1937.