Imperio Gupta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
En gris, o Imperio Gupta; en verde, os seus estados vasalos.

O Imperio Gupta foi unha entidade política constituída pola dinastía Gupta na metade norte do subcontinente hindú entre o 240 e o 550.

Historia[editar | editar a fonte]

Sri Gupta, gobernaba Bengala e foi sucedido por Ghatokacha que iniciou unha política de expansión anexionando pequenos reinos hindús. O seu fillo Chandragupta I recibiu como dote matrimonial Madadha da princesa Licchavi Kumar Devi con capital en Pataliputra.

Samudragupta continuou unha política de conquistas que consolidaron o Imperio e levou a este a un período de esplendor político, cultural e militar. Os reis tribais do centro e do Decan tiñan que pagarlle tributo. Os nove reis de Ariavarta se lle someteron. Controlou a metade occidental do val do Ganxes, o Nepal e o Puniab.

Candragupta II realizou unha campaña vitoriosa contra os saka e derrotou a Rudrasimha III facéndose cos portos que comerciaban co Mediterráneo. Fortaleceuse a prosperidade social e económica.

Kumaragupta continuou esa política de consolidación e estabilidade pero o seu sucesor Skandagupta comeza a sufrir os primeiros embates serios dos hunos brancos ou heftalíes. Tralo pasamento de Gundagupta, o imperio fragmentouse nunha parte oriental e outra occidental o que facilitou a súa desintegración.

Organización política[editar | editar a fonte]

O poder supremo descansaba no emperador, pero a asemblea que o elixía e lle pedía contas tiña unha gran relevancia. Estaba formada por líderes militares, sacerdotes e representantes de corporacións e ata de clases baixas. No consello de ministros recaía a función de goberno ordinaria.

Cultura[editar | editar a fonte]

É un período de esplendor. O sánscrito florece, salienta o poeta Kalidasa coas súas obras na honra de Rama e a Nube mensaxeira. A escultura adquire un ar risoño, sereno e pensativo como se aprecia no Buda de Sarnath e noutros moitos relieves. A danza e a música, baseada en microtóns, acada unha época dourada. Concibiron o sistema decimal e o sistema de numeración e acharon que a Terra xiraba ao redor do Sol.

Relixión[editar | editar a fonte]

Os emperadores eran hinduístas pero outras correntes como o budismo atinxiron unha grande tolerancia. Os templos e mosteiros das trinta covas de Axantä no Decán amosan un budismo en expansión.