Ashanti
| Ashantis | |
|---|---|
| Bandeira | |
| Poboación total: | |
| Máis de 5 millóns | |
| Poboacións importantes en: | |
| Gana central | |
| Lingua: | |
| Twi | |
| Relixión | |
| Cristianismo, relixións tradicionais africanas, islam | |
| Grupos étnicos relacionados: | |
| Akán, fanti | |
Os ashantis son un dos principais grupos étnicos da Rexión Ashanti, en Gana. Os ashantis falan ashanti, tamén chamado twi, unha lingua akán semellante ao fanti.
Antes da colonización europea, os ashantis desenvolveron un importante imperio na África Occidental. Posteriormente, desenvolveron a poderosa Confederación Ashanti e tornáronse dominantes na rexión.
Os ashantis están instalados na parte central de Gana nos días actuais, a cerca de trescentos quilómetros da costa. Actualmente os ashantis suman preto de 7 millóns de persoas (cerca do 30% da poboación de Gana. O seu poder político ten flutuado desde a independencia de Gana, mais continúan a ser amplamente influentes. O actual presidente ganense, John Agyekum Kufuor é ashanti. Kumasi, a capital da actual rexión Ashanti, tamén foi a histórica capital do Reino Ashanti. A rexión Ashanti conta cunha poboación de 3.612.950 habitantes, sendo a división administrativa máis poboada de Gana.
Situados ao nordeste de Kumasi, a capital da rexión Ashanti, os edificios tradicionais feitos de terra, madeira e palla, vulnerábeis ao tempo, e que constitúen os únicos vestixios da antiga civilización ashanti, foron inscritos pola UNESCO, en 1980, na lista dos sitios considerados Patrimonio Mundial.