Lingua casaca
| Casaco (Қазақ тілі/Qazaq tili) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Casaquistán, China, Mongolia, Afganistán, Taxiquistán, Turquía, Turcmenistán, Ucraína, Usbequistán, Rusia e Irán | |
| Rexións: | Asia central | |
| Total de falantes: | 8 millóns | |
| Posición: | 93 | |
| Familia: | Altaica Túrquico Kipchako Kipchako-nogay Casaco |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Casaquistán | |
| Regulado por: | Non regulado | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | kk | |
| ISO 639-2: | kaz | |
| SIL: | KAZ | |
A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe en China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante os anos 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia china de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Usbequistán, Turcmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11.000.000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.
Qazak significa vagabundo; os pobos que falan este idioma foron historicamente nómades.
Alfabeto [editar]
O alfabeto cirílico casaco está baseado no alfabeto ruso ao que se lle engadiron nove letras: Ә, Ғ, Қ, Ң, Ө, Ұ, Ү, Һ, İ.
| Cirílico | Qaydar Latín transliteración |
Janga Latín transcrición |
|---|---|---|
| А а | A a | A a |
| Ә ә | Ä ä | Ä ä |
| Б б | B b | B b |
| В в | V v | V v |
| Г г | G g | G g |
| Ғ ғ | Ğ ğ | Gh gh |
| Д д | D d | D d |
| Е е | E e | E e inicialmente o tras unha vocal |
| Ё ё | Yo yo | Yo yo |
| Ж ж | J j | J j |
| З з | Z z | Z z |
| И и | Iy iy | I i |
| Й й | Y y | Y y |
| К к | K k | K k |
| Қ қ | Q q | Q q |
| Л л | L l | L l |
| М м | M m | M m |
| Н н | N n | N n |
| Ң ң | Ñ ñ | Ng ng |
| О о | O o | O o |
| Ө ө | Ö ö | Ö ö |
| П п | P p | P p |
| Р р | R r | R r |
| С с | S s | S s |
| Т т | T t | T t |
| У у | W w | U u |
| Ұ ұ | U u | Û û |
| Ү ү | Ü ü | Ü ü |
| Ф ф | F f | F f |
| Х х | X x | Kh kh |
| Һ һ | H h | H h |
| Ц ц | C c | Ts ts |
| Ч ч | Ç ç | Ch ch |
| Ш ш | Ş ş | Sh sh |
| Щ щ | ? | Shy shy |
| Ъ ъ | ? | |
| Ы ы | I ı | Â â |
| İ і | İ i | Î î |
| Ь ь | ? | |
| Э э | E e | Ê ê |
| Ю ю | Yu yu | Yu yu |
| Я я | Ya ya | Ya ya |