Astana - Астана

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Astana")
Astana
Mapa
Carte Kazakhstan.png
Información
País Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán
Distrito Distrito Capital
Superficie 710,2 km2
Poboación 600.200 habitantes (2007)
Densidade 841 h/km²
Alcalde Askar Mamin

Astana (ruso e casaco Астана) é desde 1997 a capital de Casaquistán. A súa poboación estase acrecentando con rapidez: a 1 de decembro de 2007 contaba con 600.200 habitantes. O seu nome significa "capital" e foi escollido, entre outras razóns, por ser fácil da pronunciar en moitas linguas.

Índice

[editar] Historia

No ano 1824 un grupo de cosacos siberianos, procedentes de Omsk, fundou unha fortaleza sobre as beiras do río Ixim. En torno a ela orixinouse a cidade de Akmolinsk. En 1961, na época da Campaña das Terras Virxes, foi rebautizada como Tselinograd e foi elixida como capital do Territorio das Terras Virxes Soviéticas (Celinnyj Kraj).

Cando en 1991 o Casaquistán se tornou independente, a cidade e a rexión tomaron o nome de Aqmola. No 1994 foi nomeada nova capital do país, en substitución de Almaty.

No ano 1997, coincidindo con o outorgamento do novo status de capital, a cidade recibiu o actual nome de Astana.

Sumas enormes de capitais - obtidos a través de exportacións petroleiras - foron investidas para construír as infraestruturas e edificacións precisadas pola nova función de capital, con o obxectivo de convertela no gonzo da Asia Central.

[editar] Razóns para trasladar a capital

Entre as causas invocadas para desprazar a capital máis de mil quilómetros ao norte figuran as seguintes:

  • Almaty, está situada sobre unha zona sísmica, e polo tanto ameazada con importantes destrozos en caso dun terremoto;
  • Situada ao pé dos montes Tian Shan, Almaty non dispón de espazo suficiente para desenvolverse vantaxosamente;
  • A creación dunha nova capital é o pretexto para unha política de grandes obras para soster o crecemento económico;
  • Almaty ten unha situación excéntrica de máis.

As análises do deslocamento foron aínda máis variadas e tentaban explicar motivos máis ocultos. Segundo algúns debíase ao propósito de por a capital no centro do país e da estepa casaca; para outros pesaba a idea de afastar o centro de decisións do país dos confíns coa China (Almaty dista apenas uns sesenta quilómetros do xigante asiático) para aproximalo as rexións do norte, as máis densamente habitadas por rusos, que poderían apoiar unha eventual anexión á "madrepatria". Incluso, para moitos, o presidente Nursultan Nazarbajev, quería imitar ao seu ídolo Kemal Ataturk, quen trasladara a capital turca para Ankara, no centro do país.

[editar] Xeografía

A cidade está sita no Casaquistán central, sobre o río Ixim, circundada por unha zona plana, a estepa semi-desértica, que se estende pola maior parte do territorio casaco. Os barrios da cidade vella asentan ao norte do río, mentres os barrios novos sitúanse no sur do Ixim|Ixim. Astana está situada a 51º 10' N e 71º 30' L e a 347 metros sobre o nivel do mar.

Climodiagrama de Astana

[editar] Clima

Climáticamente Astana é a segunda capital máis fría do mundo (só superada por Ulaanbataar, en Mongolia), con temperaturas frecuentes entre -35 °C e -40 °C a últimos do outono. A cidade é coñecida tamén polas xeadas ao longo de seis meses. En fin, Astana ten un clima continental, con invernos excepcionalmente fríos e veráns moderadamente cálidos, e ao tempo áridos ou semiáridos

A media anual de temperaturas en Astana é de 1 °C. Xaneiro é o mes máis frío, no que as medias atinxen -16 °C. Xullo é o mes máis quente con 20 °C.

[editar] Economía

As funcións administrativas e de goberno son a principal actividade económica de Astana. A cidade pertence a unha Zona Económica Especial, que tenta desenvolver a cidade para que poida facer fronte á competencia de Almaty, que ten 1.500.000 de habitantes.

[editar] Lugares de interese

Ministerio de Comunicacións

Na actualidade hai aínda moitos edificios en construción, tales como as embaixadas, que se están a erguer ao longo do Ixim, así como infraestruturas de comunicación. No centro da cidade, a Avenida da República é o centro vital, con almacéns, cafeterías, restaurantes, discotecas e casinos. Entre os lugares que paga a pena visitar destacan os seguintes:

  • Edificio sede do Goberno,
  • Beiras do río Ixim,
  • "Oceanarium",
  • Mezquita Nacional Central de Astana,
  • Centro islámico,
  • Catedral católica,
  • Edificio do mercado,
  • Torre Bayterek.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas