República Socialista Soviética de Casaquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Қазақ Советтік
Социалистік Республикасы
Flag of Kazakh SSR.svg COA Kazakh SSR.png
Lema: "Барлық елдердің пролетарлары, бірігіңдер!"

("Traballadores do mundo, unídevos!")

SovietUnionKazakhstan.png
Idioma Casaquistano e Ruso
Capital Alma-Ata
Cidade máis grande Alma-Ata
Presidente no momento da independencia Nursultan Nazarbayev
Tempo na URSS Dende o 30 de Decembro de 1922 até o 16 de decembro de 1991.
Área Total 2,717,300 km²
Poboación (est. 1989) 16,711,900
Independencia da Unión Soviética
16 de decembro de 1991
Moeda Rublo
Hora UTC +4 a +6
Himno nacional Himno da RSS de Casaquistán.

A República Socialista Soviética de Casaquistán (Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Casaquistán. Tiña unha superficie de 2,717,300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.

Trasfondo[editar | editar a fonte]

Establecida o 26 de agosto de 1920, inicialmente foi unha república autónoma dentro da RSSF de Rusia. O 5 de decembro de 1936 volveuse unha república independente da URSS, chamada RSS de Casaquistán . Durante os 50 e os 60 os cidadáns soviéticos foron urxidos a axudar a poboar as "Terras virxes" da RSS de Casaquistán. O influxo dos immigrantes (maioritariamente rusos, pero incluíndo algunhas minorias nacionais deportadas) favoreceron a mestura racial e permitiron que o numero de Casaquistanos fose inferior ó de non-Casaquistanos. Os outros grupos étnicos incluían ucraínos, alemáns, bielorrusos, coreanos, e outros; os alemáns no momento da independencia formaban sobre o 8% da poboación, a máis alta concentración de alemáns en toda a Unión Soviética. A independencia fixo que moitos destes novos habitantes emigrasen. O 10 de decembro de 1991 a RSS de Casdaquistán foi renomeada "República de Casaquistán" e seis días despois acadou a súa independencia.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación nativa son os Casaquistanos (4,234,000 en 1970). En 1970, a república tiña un número apreciable de rusos (5,522,000) e ucraínos (933,000). Nas terras desérticas do norte de Casaquistán, había Tártaros (288,000), uzbequistanos (216,000), e bielorrusos (198,000).


Véxase tamén[editar | editar a fonte]