Almati - Алматы

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Almaty")
Mesquita central de Almati

Almati (Алматы en casaco), a antiga Alma-Atá e ata 1921 Verny, é a principal cidade de Casaquistán con 1.168.000 habitantes.

O nome significa das mazás por ser as maceiras orixinarias desta zona.

En 1854 unha división de cosacos siberianos fundaron o forte Zailiysky preto da cordal de Tian Shan. Ao ano seguinte cambiouselle o nome a Verny. No terremoto de 1911 a cidade quedou desfeita, tan só a catedral ortodoxa se mantivo en pé.

En 1929 Almati converteuse na capital de Casaquistán. En 1991, coa independencia de Casaquistán, converteuse na capital dese estado ata 1998 no que se transladou a Astana.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: