Bandeira de Casaquistán
|
A bandeira de Casaquistán (en casaco: Қазақстан байрағы, Қазақ байрағы, Qazaqstan bayrağı) foi adoptada o 4 de xuño de 1992, substituíndo á bandeira da República Socialista Soviética de Casaquistán. A bandeira é un deseño de Shaken Niyazbekov.
Índice |
Descrición [editar]
Consiste nun pano de cor azul celeste no que aparecen representados un aguia esteparia, o sol (ouro) con 32 raios no centro e un estampado dourado próximo ao bordo máis próximo ao mastro.
O estampado representa á arte e as tradicións culturais do pobo casaco. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude aos diversos pobos túrquicos que conforman a poboación actual do país (que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártaro, mongol e uigur). Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ao deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo.
A aguia dourada é un símbolo asociado co imperio de Genghis Khan que dominou Casaquistán baixo un estandarte de cor azul cunha figura semellante a unha aguia.
Outras bandeiras [editar]
Bandeiras históricas [editar]
-
Bandeira do Kazakh Khanate
-
Bandeira da Autonomía de Alash
-
Bandeira da RRS de Casquisán (1937—1940)
-
Bandeira da RRS de Casquisán (1940—1953)
-
Bandeira da RRS de Casquisán (1953—1991)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Casaquistán en Flags of the World (en inglés)
|
|||||
|
|||||