Provincia de Almati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da provincia

A provincia de Almaty (en casaco: Алматы облысы) é unha provincia do Casaquistán. A súa poboación é de 1.603.700 habitantes e ten unha extensión de 224.000 quilómetros cadrados. A súa capital é a cidade de Taldykorgan, cunha poboación duns 118.400 habitantes.

Nesta zona áchanse os petroglifos de Tamgaly, declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 2004.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O territorio da provincia rodea á cidade de Almati. Fai fronteira con Quirguicistán e a rexión de Xinxiang na República Popular China. Tamén limita coas provincias casacas de Zambyl, Karaganda e Casaquistán Oriental.

No noroeste atópase o lago Balkhash (Balqash Koli). Ao longo da fronteira meridional con Quirguicistán esténdese a cordilleira do Trans-Ili Alatau, rama do Tian Shan.

Historia[editar | editar a fonte]

A provincia de Alama Ata, precursora da actual provincia de Almaty, foi creada a partir da rexión histórica de Zhetysu o 10 de marzo de 1932. A súa capital era Alma Ata (Almati). Durante o período soviético a parte nordeste da provincia, centrada en Taldykorgan, foi separada do resto. En abril de 2001 o centro administrativo da provincia trasladouse desde Almati a Taldykorgan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]