José Antonio Orza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Antón Orza»)
José Antonio Orza
Nacemento1941
Lugar de nacementoBoqueixón
Falecemento29 de outubro de 2012
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Orza Fernández, nado en Codeso (Boqueixón) en 1941 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2012, foi un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, entre 1967 e 1969 foi profesor axudante de clases prácticas na Cátedra de Economía e Facenda da Facultade de Dereito. Foi funcionario do Corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado desde 1971. En 1982 foi nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira na Consellería de Facenda. Foi Conselleiro de Economía e Facenda entre 1985 e 1986 e de novo entre 1989 e 2005. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG (1997-2001). Foi membro do Consello de Contas a proposta do PPdeG dende 2009[1] ata o seu falecemento.


Predecesor:
Ángel Mario Carreño
 
Conselleiro de Economía e Facenda
 
1985-1986
Sucesor:
Carlos Otero Díaz
Predecesor:
Fernando Salgado García
 
Conselleiro de Economía e Facenda
 
1989-2005
Sucesor:
Xosé Ramón Fernández Antonio

Faleceu como consecuencia dun cancro de colon[2]. Foi soterrado no camposanto parroquial de Codeso.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]