Aeroporto de Málaga-Costa del Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Málaga-Costa del Sol
Aeropuerto de Málaga-Costa del Sol

Aeropuerto de Malaga.jpg

IATA: AGP – ICAO: LEMG
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Málaga
Elevación (msnm) 10.500 pés / 3.200 metros
Coordenadas 36°40′32″N 04°29′52″W / 36.67556°N 4.49778°W / 36.67556; -4.49778Coordenadas: 36°40′32″N 04°29′52″W / 36.67556°N 4.49778°W / 36.67556; -4.49778
Estatísticas (2010)
Pasaxeiros 12.064.616
Operacións 105.631

O Aeroporto de Málaga-Costa del Sol é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no sur de Andalucía, a 8 km de Málaga. Dos tres que participaron na primeira ruta aérea (Tolosa-Barcelona-Alacant-Málaga-Casablanca), establecida en España en 1919 pola empresa francesa fundada por Pierre Latécoère, Lignes Aeriennes Latécoère, é o único que seguiu operando de forma continuada.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Na actualidade ocupa o cuarto lugar en canto a volume de tráfico entre os aeroportos de España (terceiro da Península Ibérica) e o posto 22 na Unión Europea. En 2007 alcanzou os 13.590.537 pasaxeiros (10.001.021 en voos internacionais) e 129.693 operacións de despegamento e aterraxe, cifras que o sitúan como a gran porta de entrada do turismo non só para a Costa do Sol senón para toda Andalucía xa que representa en torno ao 85% de todo o tráfico internacional de toda a comunidade e sobre todo o único que pode ofrecer un amplo abanico de destinos.[2]

No aeroporto, situado no distrito de Churriana, a 8 quilómetros do centro de Málaga e comunicado con toda a Costa do Sol, operan máis de 60 compañías aéreas que enlazan diariamente con vinte cidades españolas e máis de cen cidades de Europa (fundamentalmente con Reino Unido, centro Europa e os países nórdicos pero tamén as principais cidades de Europa do Leste: Moscova, San Petersburgo, Budapest, Sofía, Varsovia, Riga ou Bucarest), o Norte de África, Oriente Medio (Riad, Jeddah e Kuwait) e Norteamérica (Nova York, Toronto e Montreal).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]