Aeroporto de Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Zaragoza

Zaragoza airport.jpg

IATA: ZAZ – ICAO: LEZG
Sumario
Tipo Público
Operador AENA
Cidade/Illa Zaragoza, España
Elevación (msnm) 862 pés / 263 metros
Coordenadas 41°40′03″N 01°02′26″W / 41.6675°N 1.04056°W / 41.6675; -1.04056Coordenadas: 41°40′03″N 01°02′26″W / 41.6675°N 1.04056°W / 41.6675; -1.04056
Web AENA-Aeroporto de Zaragoza
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
12L/30R 9.842 3.000 Asfalto
12R/30L 12.198 3.718 Asfalto
Estatísticas (2008)
Pasaxeiros 594.952
Carga (ton.) 21.438

O Aeroporto de Zaragoza (IATA: ZAZ, OACI: LEZG) atópase situado a 10 quilómetros da cidade de Zaragoza, preto do barrio de Garrapinillos. Comparte pista e algunhas instalacións coa Base Aérea de Zaragoza.

Con motivo da Exposición Internacional de Zaragoza 2008 levouse a cabo unha renovación total deste aeroporto que consistitiu na construción dunha nova terminal anexa á antiga e varios aparcadoiros. Abriuse ao público en marzo de 2008. A terminal antiga está pechada; trátase dun edificio de certo valor que se conservou, aínda que non está en uso.

En 2008 deu servizo a 594.952 pasaxeiros e rexistrou 21.438 toneladas de carga.

Índice

Infraestruturas [editar]

  • 2 pistas de aterraxe paralelas de 3000 e 3718 metros respectivamente, unhas das pistas máis grandes de Europa.
  • 1 terminal de pasaxeiros
    • 14 mostradores de facturación máis un de equipaxes especiais
    • 6 portas ampliables a 8 portas de embarque
    • zona comercial
  • 1 aparcadoiro con capacidade para 1.080 vehículos
  • 1 terminal de carga

Compañías aéreas e enlaces [editar]

Voos regulares e chárter [editar]

  • Air Europa (Tenerife Sur, Palma de Mallorca, Lanzarote)
  • Ryanair (Alacant, Bérgamo, Londres-Stansted, Roma-Ciampino, Bruselas Sur-Charleroi)
  • Air Nostrum (Madrid-Barajas, A Coruña, Vigo, Fráncfort del Meno, París-Orly)

Base aérea [editar]

Artigo principal: Base Aérea de Zaragoza.

O aeroporto de Zaragoza-Garrapinillos tamén destaca polo súa mastodóntica base aérea. A base, unha das máis grandes da OTAN ten unha superficie de 23 km2 e un perímetro de 36 km (Exército do Aire) e nela traballan preto de 2.300 persoas. Estas instalacións son o resultado da instalación durante décadas dunha base aérea dos EE.UU., país que aínda conserva algúns edificios na base que son utilizados como residencia cando se realizan os lanzamentos dos transbordadores espaciais, xa que o aeroporto de Zaragoza é unha base de aterrizaxe de urxencias.

Ligazóns externas [editar]