Aeroporto de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°35′20″N 5°39′20″O / 42.588888888889, -5.6555555555556

Aeroporto de León
Aeropuerto de León

IATA: LEN – ICAO: LELN
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador AENA
Cidade/Illa León
Localización San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen
Elevación (msnm) 185 metros / 606 pés
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 36 554
Operacións 1 814

O Aeroporto de León é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen, 6 km ao oeste da cidade de León. É o aeroporto situado a máis altitude na Península Ibérica (916,3 msnm).

En 2007 rexistrou o seu récord con 161 705 pasaxeiros e 7 328 operacións. Nos últimos anos as súas conexións víronse reducidas e en 2016 só rexistrou 1 814 operacións, cun total de 36 554 pasaxeiros.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do aeroporto de León remóntase a 1920, cando mediante disposición ministerial aparece o futuro Aeródromo Militar de León. Non é ata 1924 cando comezan as obras co obxectivo de crear un aeroporto de escala para as aeronaves da ruta aérea Asturias-Madrid. En 1929 o aeroporto habilítase de forma provisional para prestar os seus primeiros servizos de navegación aérea comercial.

Esa primeira base aérea situábase aproximadamente no mesmo lugar que a actual: un páramo dende o que se divisa a capital leonesa, rodeado de terras de labranza a día de hoxe abandonadas. As obras de acondicionamento anteriormente descritas dotaron ao aeropuerto de catro hangares para o almacenamento e reparación de aeronaves, así como os servizos básicos de combustible, auga e teléfono. Unha manga de vento, un sinal no centro do campo e diversas axudas á navegación constituían o resto do complexo que por aquel entón era a sede do grupo 21 de recoñecemento da Escuadra número 1 do Parque Rexional do Noroeste.

Durante a guerra civil española o aeródromo de León converteuse en sede de numerosas unidades aéreas, o que sería clave para entender a súa historia, xa que tras a guerra foi catalogado dentro da “Clase A”, permitindo isto o seu crecemento durante a década dos 40. Neses anos realizáronse importantes melloras técnicas no aeródromo, como a colocación de balizamento nocturno, un radiogoniómetro e a implantación de instalacións de radio.

É nesa época cando se decide crear a Academia da Aviación, da cal saíron as primeiros promocións da Academia Xeral do Aire. Tras uns primeiros anos de funcionamento a Academia foi substituída pola Escola de aprendices, á que se lle uniu a de Especialistas do Exército do Aire, actual Academia Básica do Aire.

Apertura ao tráfico civil[editar | editar a fonte]

En 1946 unha orde ministerial o aeródromo convértese na base aérea aberta ao tráfico civil Virgen del Camino (León). Nese momento disponse dun campo de voo cunha pista de aterraxe. As servidumes aeronáuticas publicáronse en 1967 e non se modificarían ata 1988. NO ano 1990 as administracións local e autonómica decidiron promover a consolidación dunha infraestrutura aeroportuaria moderna coa vista posta na futura explotación comercial do aeroporto. A Deputación Provincial solicitou ao Ministerio de Defensa a localización de instalacións civís dentro dos terreos do aeródromo, aceptándose dita solicitude en 1991.

Inicio das operacións comerciais[editar | editar a fonte]

En 1994 comezou a historia da actividade comercial do aeroporto. Na primeira fase do aeroporto civil dotou ás instalacións dunha pista de voo, unha rúa de enlace e un estacionamento, que serían inaugurados en xullo de 1995. Dous anos despois iniciáronse as obras da segunda fase na cal se construíu unha terminal e un edificio de servizos. As obras remataron en xaneiro de 1999 O 2 de xuño dese mesmo ano un avión de Iberia con destino a Barcelona inaugurou oficialmente o aeroporto de León. Dende entón esta aeroliña, baixo o nome da súa filial Air Nostrum, seguiu mantendo voos regulares a Madrid e Barcelona.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Iberia
operado por Air Nostrum
Barcelona

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]