Aeroporto de Tenerife Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
{{{nome}}}
IATA: TFN – ICAO: GCXO
Sumario

O Aeroporto de Tenerife Norte é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado en San Cristóbal de la Laguna, no nordés de Tenerife, a 11 km da cidade de Santa Cruz de Tenerife. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Tenerife Norte/Los Rodeos xunto á Base Aérea de Los Rodeos.

O 27 de marzo de 1977 tivo lugar no aeroporto o accidente áereo con máis vítimas mortais da historia da aviación. Un total de 583 pasaxeiros morreron logo do choque de dous Boeing 747 debido a varios fallos humanos e á néboa.

Posúe un tráfico de pasaxeiros de 4.054.147 pasaxeiros (2010). Combinado co aeroporto de Tenerife Sur, congregan o segundo maior movemento de pasaxeiros de Canarias con 11.162.220 pasaxeiros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]