Aeroporto de Teruel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Teruel
Aeropuerto de Teruel

IATA: - – ICAO: LETL
Sumario
Tipo Civil - Aviación xeral e non comercial.
Cidade/Illa Teruel
Elevación (msnm) 636 metros / 2086,61 pés
Coordenadas Coordenadas: 40°24′43″N 1°13′03″O / 40.41194444, -1.2175
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
18/36 2.825 9.266 asfalto

O Aeroporto de Teruel (OACI: LETL), coñecido baixo o nome comercial de Plataforma Aeroportuaria - Teruel PLATA, é un aeroporto situado a 12 km da cidade de Teruel, en servizo dende febreiro de 2013. Está destinado a ser un centro de mantemento, almacenamento de curta e longa duración e reciclado de aeronaves. Non está previsto o tráfico comercial de pasaxeiros neste aeroporto.

O aeroporto aséntase sobre as instalacións da antiga Base Aérea de Caudé do Exército do Aire, que tras quedar obsoleta foi vendida ao Concello de Teruel, o cal, conxuntamente coa Deputación Xeral de Aragón é o promotor deste proxecto.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Ten unha pista de nova construción de 2.825 metros de longo, unha plataforma de mantemento de aeronaves de 27.200 m², e unha plataforma de estacionamento de 120 hectáreas, a maior de Europa. A pista permite a engalaxe de voos suborbitais. Conta cunha zona industrial de 33 ha para a implantación de empresas e un hangar con capacidade para avións tipo Boeing 747. Ademais dispón dunha terminal de servizos xerais e unha base de extinción de incendios.

Accesos[editar | editar a fonte]

O aeroporto está comunicado por estrada a través da N-234 e da A-23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]