Aeródromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeródromo de Munda, utilizado polos aliados durante a Segunda Guerra Mundial nas Illas Salomón

Un aeródromo é unha área chan e despexada con límites definidos preparada para a aterraxe, despegue e movemento en terra de aeronaves sen instalacións permanentes, ou ben con instalacións que se utilicen irregularmente ou sexan de propiedade privada, xa que a consideración do que é un aeroporto e o que é un aeródromo varía segundo a lexislación de cada estado soberano.