Aeroporto de Donostia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aeroporto de San Sebastián»)

Coordenadas: 43°21′23″N 1°47′26″O / 43.356388888889, -1.7905555555556

Aeroporto de Donostia
Donostiako aireportua
Aeropuerto de San Sebastián

IATA: EAS – ICAO: LESO
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Donostia
Localización Hondarribia
Elevación (msnm) 4,90 metros / 16 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04/22 1.754x45 5.755x148 asfalto
Estatísticas (2013)
Número de pasaxeiros 244.952
Operacións 6.237
Carga (ton.) 20.416

O Aeroporto de Donostia (IATA: EAS, OACI: LESO) é un aeroporto xestionado por Aena situado no concello de Hondarribia (Guipúscoa), na fronteira de España con Francia, a 20 quilómetros da cidade de Donostia.

Historia[editar | editar a fonte]

O aeroporto foi inaugurado o 22 de agosto de 1955 e foi aberto oficialmente ao tráfico aéreo tanto nacional como internacional de turismo o 29 de agosto de 1955. A compañía aérea Aviaco foi a primeira en operar no aeroporto, a partir do 2 de setembro do mesmo ano. A pista orixinalmente medía 1.200 metros e a súa orientación era 05/23. Esa orientación obrigaba aos avións a sobrevoar territorio francés, o que supuxo as protestas inmediatas por parte do goberno galo. Ademais, a falta de instalacións obrigou a acondicionar como terminal de pasaxeiros unha fábrica de conservas próxima.

En xullo de 1957, o encontro entre delegacións española e francesa permitiu chegar a un acordo de límites para a explotación do aeroporto. Este acordo, que entrou en vigor en xuño de 1959, permitiu establecer as servidumes aeronáuticas do aeroporto pero impuxo a prohibición de usar o aeroporto por parte dos avións a reacción.

En xullo de 1961, concluíronse as obras de ampliación da pista, que pasa a ter 1.500 metros de lonxitude despois dos 1.200 iniciais.

Entre 1964 e 1965, ampliouse o aparcadoiro de avións, construíuse a torre de control e o aeroporto recibiu oficialmente o nome actual (aeroporto de San Sebastián). En 1967 comezaron os traballos para a construción da terminal de pasaxeiros, que se inaugurou en 1968. En decembro de 1969, o aeroporto pechouse ao tráfico para proceder a unha nova prolongación ata os actuais 1.754 metros.

O 18 de marzo de 1992, España e Francia asinaron un novo acordo. Con el, suprimíase a prohibición de voos de avións a reacción á vez que se limitaba o número cotián de movementos, fóra do horario nocturno.

Xa no século XX o goberno propuxo a ampliación da pista en 600 metros pero en xullo de 2006 o Ministerio de Fomento decidiu non ampliala. En xullo de 2009 presentouse un novo proxecto para ampliar a pista en 150 metros cara Irún e 50 metros cara ao mar. De momento as obras están paradas debido a crise económica do país.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid
Estacional: Londres-Luton, Palma de Mallorca
Vueling Barcelona

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]