Aeroporto de Tenerife Sur
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Aeroporto de Tenerife Sur Aeropuerto de Tenerife Sur |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: TFS – ICAO: GCTS | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Público | ||
| Propietario | AENA | ||
| Cidade/Illa | Tenerife | ||
| Ubicación | Granadilla de Abona San Miguel de Abona |
||
| Construido en | 1978 | ||
| Elevación (msnm) | 209 pés / 64 metros | ||
| Coordenadas | 28°02′40″N 16°34′20″W / 28.04444°N 16.57222°WCoordenadas: 28°02′40″N 16°34′20″W / 28.04444°N 16.57222°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| pés | metros | ||
| 08/26 | 10.499 | 3.200 | asfalto |
| Estatísticas (2008) | |||
| Número de pasaxeiros | 8.251.989 | ||
| Operacións | 60.779 | ||
| Carga (ton.) | 8.567 | ||
O Aeroporto de Tenerife Sur (IATA: TFS, OACI: GCTS), coñecido tamén como Aeroporto Reina Sofía, atópase nos municipios tinerfeños de Granadilla de Abona e San Miguel, moi preto das localidades costeiras de El Médano e Los Abrigos. A finais dos sesenta, con motivo da visita do ministro do Aire ás obras do Aeroporto dos Rodeos (hoxe Tenerife Norte), as autoridades insulares suscitaron a necesidade de elixir un novo emprazamento debido aos inconvenientes de carácter meteorolóxico que impedían ao aeroporto existente reunir as condicións técnicas axeitadas.