Aeroporto de Albacete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Albacete
IATA: ABC – ICAO: LEAB
Sumario

O Aeroporto de Albacete é un aeroporto xestionado por Aena, situado no aeródromo de Albacete-Los Llanos xunto á Base Aérea de Los Llanos do Exército do Aire, ao sur da cidade de Albacete (España), a uns 4 quilómetros do centro.

Comezou a funcionar como aeroporto civil oficialmente o 1 de xullo de 2003 cando AENA converteu unha parte do aeródromo militar de Los Llanos nun aeroporto comercial. Nesa data chegou un voo da compañía Hola Airlines desde o aeroporto internacional de Palma. O aeroporto de Albacete e o de Cidade Real son os únicos de Castela-A Mancha.

Actualmente só dispón dunha liña regular con destino ao aeroporto de Barcelona, operada por Air Nostrum. Aparte, opera voos privados de Private Wings Flugcharter para os traballadores da factoría de EuroCopter con destino a Marsella e Augsburgo, e varios voos en jets privados por motivos fundamentalmente cinexéticos na tempada de caza no inverno.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]