Iberia Líneas Aéreas de España
Iberia é unha aeroliña española (o seu nome oficial é Iberia Líneas Aéreas de España, S.A.). É unha das compañías aéreas máis antigas do mundo e está entre as cinco compañías aéreas máis grandes de Europa.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Fundación
Iberia foi fundada o 28 de xuño de 1927 por Horacio Echeberrieta. O 14 de decembro dese mesmo ano realizou o seu primeiro voo, entre Madrid e Barcelona, sendo o acto presidido por Alfonso XIII.
Iberia iniciou a súa actividade comercial con tres avións Rohrbach R-VIII Roland, uns trimotores con capacidade para dez pasaxeiros que viaxaban en asentos de vimbio, dous tripulantes, equipaxe e carga, dotados de lavabo e cunha velocidade punta de 205 km/h.
Nos primeiros anos comezan a establecerse as primeiras rutas entre cidades da península, as illas Canarias e algunhas cidades da costa do norte de África.
[editar] Rutas internacionais
En 1939 Iberia fai o primeiro voo entre Madrid e Lisboa, comezando a realizar voos internacionais que ampliaría a comezos dos anos 40 incorporando á lista cidades como Londres, París ou Roma en Europa e Bos Aires e Montevideo no continente americano. Convértese así na primeira compañía que establece, despois da guerra, un servizo aéreo entre Europa e América do Sur.
Na década dos 50 Iberia sobrepasa a cifra do medio millón de pasaxeiros, introdúcese no mercado do Atlántico Norte e o 3 de agosto de 1954 (aniversario da saída de Colón de Palos) inaugúrase a liña Madrid-Nova York con tres avións Super Constellation, bautizados cos nomes das carabelas de Colón: Pinta, Niña e Santa María.
[editar] Os primeiros reactores
O 29 de maio de 1961 celébrase en California a entrega dos tres primeiros reactores da historia de Iberia, os DC-8, que serían bautizados "Velázquez", "El Greco" e "Goya". Este modelo de avión era considerado "o rei das longas distancias": Nova York, Caracas, San Juan de Puerto Rico, México, La Habana e Bos Aires eran os seus destinos.
O 22 de outubro chega ao aeroporto de Madrid-Barajas o primeiro Boeing 747, coñecido popularmente como Jumbo. Este foi bautizado co nome de "Cervantes".
Nos anos 70 establécense novas rutas a destinos como Estambul, Atenas, Varsovia, Budapest ou Kuwait. No mes de novembro de 1974 establécese a primeira Ponte Aérea de Europa, entre as cidades de Madrid e Barcelona como resposta á elevada concentración de pasaxeiros.
O 20 de xuño de 1987 Iberia, Air France, Lufthansa e SAS crean Amadeus, un sistema global de reservas informatizadas. Éste proporciona a miles de axencias de viaxe e oficinas de venda de pasaxes información de horarios, dispoñibilidade de prazas e prezos de billetes de avión de distintas compañías aéreas; tamén facilita a reserva, compra e emisión dos billetes, entre outros servizos.
[editar] Modernización da frota
Entre finais dos anos 80 e principios dos 90, Iberia moderniza a súa frota, os novos McDonnell Douglas MD-87, Airbus A320 e A340 e os Boeing 757 remprazarían aos antigos Douglas DC-9, DC-10 e Boeing 727.
En 1991 creou o primeiro programa de fidelización de clientes nunha liña aérea: Iberia Plus. En 1992, Iberia é a aeroliña oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona e da Exposición Universal de Sevilla. En 1996 creó a súa páxina web (www.iberia.com).
Absorbeu Aviaco (Aviación y Comercio, S.A), xunto coa súa frota en 1999 e nese mesmo ano pasou a formar parte da alianza de aeroliñas oneworld, xunto con British Airways e American Airlines entre outras.
[editar] Frota
[editar] Frota actual
[editar] Iberia
En decembro do ano 2011 a frota de Iberia estaba formada por 105 avións, cunha idade media de 8,7 anos[1].
| Avión | Total | Pasaxeiros |
|---|---|---|
| Airbus A319-100 |
|
|
| Airbus A320-200 |
|
|
| Airbus A321-200 |
|
|
| Airbus A340-300 |
|
|
| Airbus A340-600 |
|
|
[editar] Air Nostrum (Iberia Rexional)
A frota de Air Nostrum en febreiro de 2011 estaba composta por 66 aeronaves, cunha idade media de 9,1 anos[2].
| Avión | Total | Pasaxeiros |
|---|---|---|
| ATR 72 |
|
|
| Canadair CRJ-200 |
|
|
| Canadair CRJ-1000 |
|
|
| Canadair CRJ-900 |
|
|
[editar] Frota histórica
[editar] De 1927 ata 1945
- Rohrbach R-VIII Roland
- Junkers G-24
- Breguet 26T Limousine
- Savoia Marchetti S-62P
- Ford 4-AT
- De Havilland DH 89A Dragon Rapide
- Dornier J Wal
- Douglas DC-2
- Junkers JU-52
- Douglas DC-1
- De Havilland DH 90 Dragonfly
- Douglas DC-3
[editar] De 1945 a 1961
- Douglas DC-4 Skymaster
- Airspeed AS-65 Consul
- Bristol 170 Freighter MK.21
- Stinson 108-3 Voyager
- Bloch 161 Languedoc
- Bristol 170 Freighter MK.31
- Lockheed L-1049 Super Constellation
- Convair 440 Metropolitan
- De Havilland D.H. 114 Heron-2
- ATL 98 Carvair
[editar] De 1961 a 1993
- Douglas DC-8
- SE 210 Caravelle VI R
- SE 210 Caravelle 10R
- Douglas DC-8 Serie 63
- McDonnell Douglas DC-9
- Fokker F-28
- McDonnell Douglas DC-10
- Boeing 727
- Boeing 747
- McDonnell Douglas MD-87
- Boeing 757
- McDonnell Douglas MD-88