easyJet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Easy Jet
IATA
U2
OACI
EZY
Indicativo
EASY JET
Fundación1995
Inicio das operacións1995
Frota202
Destinos132
HoldingEasyJet plc
DirixentesJohn Barton (presidente)
Páxina web: easyjet.com
EasyJet A319, no aeroporto de Ámsterdam Schiphol.

easyJet (nome oficial: easyJet Airline Company Limited) é unha aeroliña de baixo custo británica con sede no Aeroporto de Londres-Luton, no Reino Unido. Ten bases (hubs) en 24 aeroportos europeos e está composta por unha frota con máis de 200 avións. easyJet é a aeroliña máis grande do Reino Unido en número de pasaxeiros transportados.

Opera 830 rutas por toda Europa, e 104 entre Europa e aeroportos do norte de África, vendendo directamente ao usuario por Internet ou por teléfono sen necesidade de pasar por axencias de viaxes. Recentemente varias webs de viaxes online permiten reservar voos de easyJet nas súas páxinas utilizando a tecnoloxía de scrapping.

easyJet pertence á Asociación de Aeroliñas Europeas de Baixo Custo, ou ELFAA polas súas siglas inglesas (European Low Fares Airline Association).

Políticas de igualdade[editar | editar a fonte]

En 2017 a directora xeral da aerolínea, Carolyn McCall, anunciou a posta en marcha do "programa Amy Johnson", co nome da pioneira ingresa da aviación, co obxectivo de que no 2020 o 20 % dos seus pilotos sexan mulleres.

Frota[editar | editar a fonte]

A data de xuño de 2017, a frota de easyJet estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota de EasyJet
Avión Total Ordes Pasaxeiros Notas
Airbus A319 132 - 156 -
Airbus A320ceo 114 20 186 -
Airbus A320neo 2 98 186 -
Airbus A321neo 1 30 236 Entregas a partir de 2018
Total 249 148

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frota EasyJet". Airfleets.