Asociación de Transporte Aéreo Internacional
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Asociación de Transporte Aéreo Internacional, (en inglés International Air Transport Association ou IATA) é un grupo comercial internacional de aeroliñas que ten como misión representar, dirixir e servir ás compañías deste sector. Fundouse en La Habana en abril de 1945 e ten a súa sede en Montreal, ao igual que a Organización de Aviación Civil Internacional. As oficinas executivas atópanse no aeroporto de Xenebra.
A IATA representa a unhas 230 aeroliñas, que supoñen o 93% do tráfico aéreo internacional. O seu director xeral e conselleiro delegado é Tony Tyler e actualmente a IATA está presente en 150 países, cubertos por 101 oficinas espalladas por todo o mundo.