Air Europa
| Air Europa | ||
|---|---|---|
| IATA UX |
OACI AEA |
Indicativo EUROPA |
| Fundación | 1986 | |
| Aeroporto principal | Aeroporto de Madrid-Barajas | |
| Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
| Alianza | SkyTeam | |
| Frota | 43 | |
| Destinos | 44 | |
| Holding | Globalia Corp. | |
| Páxina web: http://www.aireuropa.com | ||
Air Europa é unha aeroliña española con sede social en Llucmajor, nas Illas Baleares.[1] Pertence ao Grupo Globalia (Pepephone, Viajes Halcón, Viajes Ecuador ou Pepecar).
A aeroliña ten voos aos aeroportos galegos de Santiago de Compostela e Vigo.
Índice |
Historia [editar]
A aeroliña fundouse baixo a razón social Air España S.A. e participada polo tour operador inglés ILG (International Leisure Group), tamén propietario da aeroliña inglesa Air Europe en 1984. Comezou realizando voos chárter entre España e Reino Unido en novembro de 1986. Tras a quebra de ILG e de Air Europe en marzo de 1991 a compañía foi adquirida por Juan José Hidalgo, propietario á súa vez de Viajes Halcón e que posteriormente tamén adquiriu a almacenistas Travelplan, máis tarde Touring Club, Iberrail, Travelplannet, a comerciante polo miúdo Viajes Ecuador, Groundforce, os Hoteles Oasis, Pepeworld, o Tour operador de Florida MKTravelplan e recentemente o tour operador Travelider conformando hoxe en día Globalia Corporación Empresarial. Cando se desregularizou o mercado aéreo en España en 1993, a compañía comezou a ofrecer voos regulares.[2]
Despois dunha crise económica da compañía, parte da súa flota foi alugada a Iberia LAE en 1997. Posteriormente houbo intencións de vender a aeroliña á compañía estatal, pero non prosperaron. Fundou varias filiais como Air Europa Express, con voos rexionais, ou Air Europa Canarias, con voos chárter ás illas. As dúas pecharon en 2001.
A compañía utilizou ao largo da súa historia unha flota composta en exclusiva por avións de Boeing, especialmente B737, B757 e B767, aínda que en 2005 anunciou a compra de dez Airbus A350 e o aluguer de catro A330-200 e un A340-200, tamén de Airbus, para realizar novos voos de longo percorrido.
O 5 de setembro de 2007, Air Europa xuntamente con Copa Airlines e Kenya Airways, anuncian a súa entrada oficial como membros alianza SkyTeam, que conta com membros como Air France, KLM, Alitalia e Aeroméxico entre outros.
O 22 de xaneiro de 2008 anuncia a compra de 8 unidades de Boeing 787-800 Dreamliner, convertíndose na primeira aeroliña española en incorporar ese modelo á súa flota.[3]
Notas [editar]
- ↑ "Información Corporativa / Globalia." Air Europa. Consultado o 17 de decembro de 2010. "Air Europa Líneas Aéreas, S.A.U. ·Centro Empresarial Globalia. Apdo. Correos-132. 07620 Llucmajor - Baleares - España"
- ↑ Historia
- ↑ Air Europa e Boeing anuncian un pedido de oito 787 Dreamliner. (en castelán)