Aeroporto de Málaga
| Aeroporto de Málaga-Costa do Sol Aeropuerto de Málaga-Costa del Sol |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: AGP – ICAO: LEMG | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Público | ||
| Propietario | AENA | ||
| Operador | AENA | ||
| Cidade/Illa | Málaga | ||
| Ubicación | Málaga | ||
| Elevación (msnm) | 52 pés / 16 metros | ||
| Coordenadas | 36°40′32″N 04°29′52″W / 36.67556°N 4.49778°WCoordenadas: 36°40′32″N 04°29′52″W / 36.67556°N 4.49778°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| metros | pés | ||
| 13/31 | 3.200 | 10.500 | asfalto |
| Estatísticas (2010) | |||
| Pasaxeiros | 12.064.616 | ||
| Operacións | 105.631 | ||
O Aeroporto de Málaga-Costa do Sol é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no sur de Andalucía, a 8 km de Málaga. Dos tres que participaron na primeira ruta aérea (Toulouse-Barcelona-Alacant-Málaga-Casablanca), establecida en España en 1919 pola empresa francesa fundada por Pierre Latécoère, Lignes Aeriennes Latécoère, é o único que seguiu operando de forma continuada.[1]
Índice |
[editar] Características
Na actualidade ocupa o cuarto lugar en canto a volume de tráfico entre os aeroportos de España (terceiro da Península Ibérica) e o posto 22 na Unión Europea. En 2007 alcanzou os 13.590.537 pasaxeiros (10.001.021 en voos internacionais) e 129.693 operacións de despegamento e aterraxe, cifras que o sitúan como a gran porta de entrada do turismo non só para a Costa do Sol senón para toda Andalucía xa que representa en torno ao 85% de todo o tráfico internacional de toda a comunidade e sobre todo o único que pode ofrecer un amplo abanico de destinos.[2]
No aeroporto, situado no distrito de Churriana, a 8 quilómetros do centro de Málaga e comunicado con toda a Costa do Sol, operan máis de 60 compañías aéreas que enlazan diariamente con vinte cidades españolas e máis de cen cidades de Europa (fundamentalmente con Reino Unido, centro Europa e os países nórdicos pero tamén as principais cidades de Europa do Leste: Moscova, San Petersburgo, Budapest, Sofía, Varsovia, Riga ou Bucarest), o Norte de África, Oriente Medio (Riad, Jeddah e Kuwait) e Norteamérica (Nova York, Toronto e Montreal).[3]
[editar] Notas
- ↑ Historia do aeroporto de Málaga de AENA.
- ↑ Estatísticas oficiais de AENA.
- ↑ Destinos en AENA.es