Aeroporto de Bilbao
| Aeroporto de Bilbao Bilboko aireportua |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: BIO – ICAO: LEBB | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Público | ||
| Operador | AENA | ||
| Cidade/Illa | Bilbao, España | ||
| Ubicación | Sondika-Loiu | ||
| Elevación (msnm) | 138 pés / 42 metros | ||
| Coordenadas | 43°18′04″N 02°54′38″W / 43.30111°N 2.91056°WCoordenadas: 43°18′04″N 02°54′38″W / 43.30111°N 2.91056°W | ||
| Web | |||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| pés | metros | ||
| 12/30 | 8.530 | 2.600 | Asfalto |
| 10/28 | 6.562 | 2.000 | Asfalto |
| Estatísticas (2007) | |||
| Pasaxeiros | 4.277.610 | ||
| Aumento de pasaxeiros | +10.4% | ||
| Fonte: AENA | |||
O Aeroporto de Bilbao (IATA: BIO, OACI: LEBB) atópase a 5 quilómetros da cidade de Bilbao. A antiga terminal, terminal de carga, e gran parte dos servizos aeroportuarios atópanse no municipio de Sondika, mentres que a nova terminal, deseñada por Santiago Calatrava está no de Loiu. Trátase do aeroporto máis importante da cornixa cantábrica en canto a número de viaxeiros e impacto económico. O aeroporto de Bilbao recibiu en 2007 un total de 4.277.610 viaxeiros, o que supón un incremento dun 10,4% respecto ao ano anterior, segundo datos de AENA.
Índice |
Arquitectura [editar]
O aeroporto actual foi concibido polo arquitecto valenciano Santiago Calatrava. Deseñouno de tal forma que desde o exterior se asemellase a unha ave emprendendo o voo, por iso é polo que se coñeza popularmente co nome de A Pomba. Na construción abunda a cor branca, o vidro e o formigón.
A terminal conta cun total de 6 "fingers" (túneles móbiles que conectan directamente o avión coa terminal). Á súa vez, foi deseñada unha nova torre de control en forma de falcón para facer fronte ao incremento de voos que a nova terminal atraería. Con todo, as antigas instalacións aproveitáronse para mellorar o conxunto do aeroporto. A antiga pista de aterraxe mantívose como pista secundaria para utilizala cando a principal non estivese en condicións, a antiga terminal de pasaxeiros habilitouse como terminal de carga e a torre de control equipouse con dispositivos especiais para situacións de urxencia.
Infraestruturas [editar]
- 2 pistas de aterraxe
- Pista 12-30: 2.600 m.
- Pista 10-28: 2.000 m.
- Plataforma Norte: 10 postos de estacionamento.
- Plataforma Sur: 11 postos de estacionamento.
- Nova Terminal de Pasaxeiros (A Pomba): 36 mostradores de facturación, 12 portas de embarque e 7 hipódromos de recolleita de equipaxes.
- Antiga Terminal de Pasaxeiros (utilizada agora como oficinas).
- Terminal de Carga, Zona Industrial e Zona de Aviación Xeral.
- 3 aparcadoiros:
- Xeral (P1): 3000 prazas.
- Exprés (< 30 minutos): 37 prazas.
- Longa estancia (P2).
Accesos [editar]
Ao aeroporto pódese acceder desde a cidade de Bilbao de tres xeitos diferentes:
- En autobús: liña A3247 de Bizkaibus, conecta a cidade (centro e estación de autobuses Termibús) co aeroporto cada 20 minutos, cunha duración da viaxe de 15 minutos, circulando por autovía.
- En Taxi: tarifa segundo taxímetro, tarda uns 10-15 minutos.
- En turismo: polos túneles de Artxanda chégase ao centro nun tempo similar.
- En tren: Prevese realizar unha liña de metro ou proximidades que conecte o centro de Bilbao co aeroporto en 5 min a través dun túnel escavado baixo o Monte Artxanda. En principio finalizarase en 2012.
Compañías aéreas e enlaces [editar]
Voos regulares e chárter [editar]
- Air Berlin (Palma de Mallorca).
- Air Europa (Ibiza, Lanzarote, Forteventura, Gran Canaria, Málaga, Menorca, Palma de Mallorca La Palma (estacional), Tenerife-Sur, Tenerife-Norte).
- Air France operado por Brit Air (París-Charles de Gaulle).
- Aer Lingus (Dublín) (estacional).
- Brussels Airlines (Bruxelas).
- Clickair (Barcelona, Ibiza, Málaga, Mallorca, Menorca, Londres Heathrow, Sevilla).
- Easyjet (Londres-Stansted, Ibiza).
- Iberia (Madrid).
- Air Nostrum (Alacante, Badaxoz, A Coruña, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Vigo).
- Lufthansa operado por Lufthansa CityLine (Düsseldorf, Stuttgart, Múnic).
- Spanair (Barcelona, Gran Canaria, Lanzarote, Madrid, Múnic, Tenerife-Sur).
- Vueling (Sevilla).