Air Nostrum
| Air Nostrum | ||
|---|---|---|
| IATA YW |
OACI ANE |
Indicativo NOSTRUM AIR |
| Fundación | 23 de maio de 1994 | |
| Plan de voo frecuente | Iberia Plus | |
| Frota | 50 | |
| Destinos | 51 | |
| Páxina web: http://www.airnostrum.es | ||
Air Nostrum Líneas Aéreas del Mediterráneo, comunmente coñecida pola versión curta Air Nostrum, é unha aeroliña con sede en Valencia, España, que opera como franquía de Iberia baixo o nome Iberia Regional Air Nostrum. Ademais é a compañía líder da aviación rexional española, realiza uns 350 voos ao día e a súa flota está composta por 65 avións de nova xeración. A compañía opera voos domésticos e con 7 países de Europa e Norte de África e ao longo de 2008 transportou máis de 5 millóns de pasaxeiros.
Características [editar]
Obtivo varios premios, sendo a única rexional europea (xunto a Binter Canarias) en obter 4 veces o premio, na súa categoría Ouro, á Aeroliña do Ano, outorgado por ERA (European Regions Airline Association), e en obter a Palma de Ouro, distinción a perpetuidade, da mesma asociación, á Excelencia Sostida, única aeroliña que actualmente a posúe.
Tamén ofrece voos chárter privados. A súa base de mantemento e de operacións atópase no aeroporto de Valencia, pero conta con bases importantes nos aeroportos de Madrid-Barajas e Barcelona, así como bases secundarias nos aeroportos de Almería, Bilbao, Málaga-Costa do Sol, Palma de Mallorca, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla e Vitoria. Os seus voos regulares operan baixo código de Iberia (voos con códigos IB8XXX), polo xeral en rutas cuxa demanda non xustifica o uso dos avións de maior capacidade, ou en rutas rexionais que requiren unha alta frecuencia, como as conexións entre illas en Baleares ou Melilla coa península.