Aeroporto de Badaxoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
{{{nome}}}
IATA: BJZ – ICAO: LEBZ
Sumario

O Aeroporto de Badaxoz é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Badaxoz, a 14 km do centro urbano da cidade e a 45 km de Mérida.

Comparte pista e torre de control cunha base aérea do exército do aire español, a de Talavera la Real. A terminal civil e a base aérea están separadas pola pista, diferenciando así as dúas instalacións.

Entre 2006 e 2007, o aeroporto sufriu unha serie de obras para facer efectiva unha ampliación da terminal (de 2.500 m² a 4.400 m²), da plataforma de aeronaves (de 16.000 m² a unha para aviación comercial de 30.000 m² e outra de aviación xeral de 5.000 m²) e do aparcadoiro (pasando de 129 a 245 prazas, todas gratuítas).[1] O 28 de xullo de 2010 púxose fin a todas as obras coa posta en funcionamento do resto de instalacións.

Ademais, en xaneiro de 2009 licitouse a repavimentación da pista de aterraxe e a rúa de rodado ata a plataforma civil, cun importe de 6.7 millóns de euros e 6 meses de prazo de execución, pendente aínda de inicio.

Tamén se atopan en distintas fases partidas para mellorar as comunicacións e o control do Aeroporto, así como a construción dunha nova Central Eléctrica por un importe de 4 millóns de euros.[2]

En 2007 marcou o seu récord de pasaxeiros, con 91.789.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]