Iberia Líneas Aéreas de España
| Iberia | ||
|---|---|---|
| IATA IB |
OACI IBE |
Indicativo IBERIA |
| Fundación | 28 de xuño de 1927 | |
| Inicio das operacións | 14 de decembro de 1927 | |
| Aeroporto principal | Aeroporto de Madrid-Barajas | |
| Centro de conexión | Aeroporto de Barcelona | |
| Plan de voo frecuente | Iberia Plus | |
| Alianza | Oneworld | |
| Subsidiarias | Iberia Cargo, Air Nostrum, Vueling, Iberia Express | |
| Frota | 103 avións | |
| Destinos | 120 (38 domésticos + 82 internationais) | |
| Holding | International Airlines Group | |
| Eslogan da compañía | Con Iberia, eres más | |
| Sede | Madrid | |
| Dirixentes | Antonio Vázquez (presidente executivo) | |
| Páxina web: http://www.iberia.com/ | ||
Iberia é unha aeroliña española (o seu nome oficial é Iberia Líneas Aéreas de España, S.A.). É unha das compañías aéreas máis antigas do mundo e está entre as cinco compañías aéreas máis grandes de Europa.
Índice |
Historia [editar]
Fundación [editar]
Iberia foi fundada o 28 de xuño de 1927 por Horacio Echeberrieta. O 14 de decembro dese mesmo ano realizou o seu primeiro voo. Estaba previsto que fose entre Madrid e Barcelona, con Afonso XIII a bordo, pero dúas horas antes despegara outro avión de Barcelona a Madrid coa intención de que o rei vise a súa aterraxe no aeroporto de Carabanchel (actual Cuatro Vientos)[1].
Iberia iniciou a súa actividade comercial con tres avións Rohrbach R-VIII Roland, uns trimotores con capacidade para dez pasaxeiros que viaxaban en asentos de vimbio, dous tripulantes, equipaxe e carga, dotados de lavabo e cunha velocidade punta de 205 km/h.
Nos primeiros anos comezan a establecerse as primeiras rutas entre cidades da península, as illas Canarias e algunhas cidades da costa do norte de África.
En 1929 Iberia foi forzada a ceder as súas rutas e avións á acabada de crear CLASSA, a instancias do dictame do Directorio Militar para formar un monopolio cunha soa compañía que agrupara todas as existentes por entón en España. Iberia retería parte do accionariado de CLASSA. Tras a proclamación da Segunda República Española CLASSA foi disolta e creouse así LAPE, que absorbeu todas as rutas e bens de CLASSA. Todos os accionistas de CLASSA recibiron unha indemnización por elo. Durante todos os anos de existencia de CLASSA e LAPE, Iberia foi unha sociedade durminte sen actividad real, pero pese a elo, presentaba anualmente o seu balance de contas no rexistro mercantil.
Rutas internacionais [editar]
En 1939 Iberia fixo o primeiro voo entre Madrid e Lisboa, comezando a realizar voos internacionais que ampliaría a comezos dos anos 40 incorporando á lista cidades como Londres, París ou Roma en Europa e Bos Aires e Montevideo no continente americano. Convértese así na primeira compañía que establece, despois da guerra, un servizo aéreo entre Europa e América do Sur.
Na década dos 50 Iberia sobrepasa a cifra do medio millón de pasaxeiros, introdúcese no mercado do Atlántico Norte e o 3 de agosto de 1954 (aniversario da saída de Colón de Palos) inaugúrase a liña Madrid-Nova York con tres avións Super Constellation, bautizados cos nomes das carabelas de Colón: Pinta, Niña e Santa María.
Os primeiros reactores [editar]
O 29 de maio de 1961 celébrase en California a entrega dos tres primeiros reactores da historia de Iberia, os DC-8, que serían bautizados "Velázquez", "El Greco" e "Goya". Este modelo de avión era considerado "o rei das longas distancias": Nova York, Caracas, San Juan de Puerto Rico, México, La Habana e Bos Aires eran os seus destinos.
O 22 de outubro chega ao aeroporto de Madrid-Barajas o primeiro Boeing 747, coñecido popularmente como Jumbo. Este foi bautizado co nome de "Cervantes".
Nos anos 70 establécense novas rutas a destinos como Estambul, Atenas, Varsovia, Budapest ou Kuwait. No mes de novembro de 1974 establécese a primeira Ponte Aérea de Europa, entre as cidades de Madrid e Barcelona como resposta á elevada concentración de pasaxeiros.
O 20 de xuño de 1987 Iberia, Air France, Lufthansa e SAS crean Amadeus, un sistema global de reservas informatizadas. Este proporciona a miles de axencias de viaxe e oficinas de venda de pasaxes información de horarios, dispoñibilidade de prazas e prezos de billetes de avión de distintas compañías aéreas; tamén facilita a reserva, compra e emisión dos billetes, entre outros servizos.
Modernización da frota [editar]
Entre finais dos anos 80 e principios dos 90, Iberia moderniza a súa frota, os novos McDonnell Douglas MD-87, Airbus A320 e A340 e os Boeing 757 remprazarían aos antigos Douglas DC-9, DC-10 e Boeing 727.
En 1991 creou o primeiro programa de fidelización de clientes nunha liña aérea: Iberia Plus. En 1992, Iberia é a aeroliña oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona e da Exposición Universal de Sevilla. En 1996 creó a súa páxina web (www.iberia.com).
Absorbeu Aviaco (Aviación y Comercio, S.A), xunto coa súa frota en 1999 e nese mesmo ano pasou a formar parte da alianza de aeroliñas oneworld, xunto con British Airways e American Airlines entre outras.
Frota [editar]
Frota actual [editar]
Iberia [editar]
En decembro do ano 2011 a frota de Iberia estaba formada por 105 avións, cunha idade media de 8,7 anos[2].
| Avión | Total | Pasaxeiros |
|---|---|---|
| Airbus A319-100 |
|
|
| Airbus A320-200 |
|
|
| Airbus A321-200 |
|
|
| Airbus A340-300 |
|
|
| Airbus A340-600 |
|
|
Air Nostrum (Iberia Rexional) [editar]
A frota de Air Nostrum en febreiro de 2011 estaba composta por 66 aeronaves, cunha idade media de 9,1 anos[3].
| Avión | Total | Pasaxeiros |
|---|---|---|
| ATR 72 |
|
|
| Canadair CRJ-200 |
|
|
| Canadair CRJ-1000 |
|
|
| Canadair CRJ-900 |
|
|
Frota histórica [editar]
De 1927 ata 1945 [editar]
- Rohrbach R-VIII Roland
- Junkers G-24
- Breguet 26T Limousine
- Savoia Marchetti S-62P
- Ford 4-AT
- De Havilland DH 89A Dragon Rapide
- Dornier J Wal
- Douglas DC-2
- Junkers JU-52
- Douglas DC-1
- De Havilland DH 90 Dragonfly
- Douglas DC-3
De 1945 a 1961 [editar]
- Douglas DC-4 Skymaster
- Airspeed AS-65 Consul
- Bristol 170 Freighter MK.21
- Stinson 108-3 Voyager
- Bloch 161 Languedoc
- Bristol 170 Freighter MK.31
- Lockheed L-1049 Super Constellation
- Convair 440 Metropolitan
- De Havilland D.H. 114 Heron-2
- ATL 98 Carvair
De 1961 a 1993 [editar]
- Douglas DC-8
- SE 210 Caravelle VI R
- SE 210 Caravelle 10R
- Douglas DC-8 Serie 63
- McDonnell Douglas DC-9
- Fokker F-28
- McDonnell Douglas DC-10
- Boeing 727
- Boeing 747
- McDonnell Douglas MD-87
- Boeing 757
- McDonnell Douglas MD-88