Aeroporto de Almería
| Aeroporto de Almería Aeropuerto de Almería |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: LEI – ICAO: LEAM | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Público | ||
| Propietario | AENA | ||
| Operador | AENA | ||
| Cidade/Illa | Almería | ||
| Elevación (msnm) | 68 pés / 21 metros | ||
| Coordenadas | 36°50′38″N 02°22′12″W / 36.84389°N 2.37000°WCoordenadas: 36°50′38″N 02°22′12″W / 36.84389°N 2.37000°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| metros | pés | ||
| 07/25 | 3.200 | 10.498 | asfalto |
| Estatísticas (2009) | |||
| Pasaxeiros | 791.837 | ||
| Operacións | 15.391 | ||
| Carga (kg) | 16.238 | ||
O Aeroporto de Almería é un aeroporto xestionado por Aena, situado ao leste da cidade de Almería (España), a uns 9 quilómetros do centro. O aeroporto atópase próximo tamén aos principais núcleos turísticos da provincia como son o Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar, El Ejido, Mojácar, Almerimar, Roquetas de Mar ou Vera.
En 2009 viaxaron polo aeroporto 791.830 pasaxeiros, cun descenso do 22,7% con respecto ás cifras de 2008; e houbo un total de 15.391 operacións de aeronaves, un 15,8% menos que o ano anterior. Tamén pasaron polo aeroporto de Almería un total de 16.328 toneladas de carga, ua perda do 23,8% con respecto a 2008.[1]
O Aeroporto Internacional de Almería é o cuarto en importancia de Andalucía. Conta con voos nacionais e internacionais, con destinos como Madrid, Barcelona, Melilla, Londres, Bruxelas e cidades alemás, británicas e do ámbito da Unión Europea.
Notas[editar]
- ↑ AENA. Estatísticas. Revisado decembro de 2009