Aeroporto de Cidade Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°51′23″N 3°58′12″O / 38.856388888889, -3.97

Aeroporto Central Cidade Real
Aeropuerto Central Ciudad Real

IATA: CQM – ICAO: LERL
Sumario
Tipo Privado
Cidade/Illa Cidade Real
Localización Cidade Real, Ballesteros de Calatrava e Villar del Pozo
Elevación (msnm) 636 metros / 2086,61 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 4.000 13.123 asfalto

O Aeroporto Central Cidade Real (IATA: CQM, OACI: LERL), anteriormente chamado Aeroporto Don Quixote e Aeroporto Madrid Sur-Cidade Real, é un aeroporto privado situado na provincia de Cidade Real, entre a capital provincial, Cidade Real, e a cidade de Puertollano. É o primeiro aeroporto internacional privado de España e ocupa unha superficie de 1.234,45 hectáreas. O investimento alcanzou os 1.100 millóns de euros.

O aeroporto ten unha soa pista de 4.000 metros de lonxitude, 60 metros de anchura e unha orientación 10/28, que permite dar servizos a voos nacionais e internacionais, así como unha rúa de rodadura de 3.000 m de lonxitude. Parte das instalacións dedícanse a voos privados e deportivos. O complexo ten unha área de mantemento, un heliporto e unha zona industrial de 10 km². Ademais, proxectouse como o primeiro aeroporto español conectado ao sistema AVE, non obstante tal estación non chegou a ser construída. A súa capacidade estimada era de máis de 2 millóns de pasaxeiros ao ano.

Dende abril de 2012 está pechado e inactivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]