Airbus A330
| Airbus A330 | |
|---|---|
| A330-200 de Etihad Airways | |
| Tipo | Pasaxeiros |
| Fabricante | Airbus |
| Primeiro voo | 2 de novembro de 1992 |
| Introducido | 17 de xaneiro de 1994 con Air Inter |
| Estado | en produción |
| Produción | 1993 - actualidade |
O Airbus A330 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, bimotor de gran capacidade, alcance medio-longo e fuselaxe ancha. O seu desenvolvemento foi paralelo ao do Airbus A340. Pode acomodar a 335 pasaxeiros en dúas clases ou levar 70 toneladas de cargo, cun alcance que vai dos 7.400 ata os 13.430 quilómetros dependendo da variante.
Airbus tentou con este avión competir no mercado dos birreactores de longo alcance (ETOPS en inglés), que estaba dominado polos Boeing 767 e Boeing 777. O Boeing 757 pertence a este sector pero non ten moito alcance.
A fuselaxe e ás do A330 son practicamentes idénticas ás do A340, pero ten diferentes motores. O avión herda o deseño de fuselaxe do A300, e os mandos e panel de control electrónicos fly-by-wire do A320.
|
|||||||||||