Binter Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Binter Canarias
IATA
NT
OACI
IBB
Indicativo
BINTER
Fundación1989
Plan de voo frecuenteBintermás
Frota21
Destinos13

Binter Canarias é unha aeroliña española de carácter rexional con base nas Illas Canarias. Pertenceu a Iberia LAE ata 2002, data na que a vendeu a Hesperia Inversiones Aéreas, empresa creada co único propósito de comprar Binter Canarias. En 2003 Binter Canarias S.A.U. foi absorbida por Hesperia Inversiones Aéreas, S.A., que pasou a adoptar o nome de Binter Canarias, S.A.

Opera unha frota de 9 ATR 72 da serie 500 (8 deles en propiedade e un alugado a Cimber Air). Ten a súa sede social no Aeroporto de Gran Canaria, no municipio de Telde, illa de Gran Canaria. Voa a todos aos oito aeroportos canarios, xa sexa en explotación directa ou ben con operacións indirectas con outras compañías aéreas. Antigamente Naysa só realizaba os de baixa densidade, como a La Gomera e El Hierro) con 2 Beechcraft 1900D. Pero, a data de hoxe, Binter foi cedendo cada vez máis liñas a Naysa, que realiza estes voos. Tamén voa á illa de Madeira, á capital Funchal. Con Europa cancelou os seus regulares coas cidades de Bérgamo e París, xa que resultaron proxectos infrutuosos. Con África voa a Marrakech en Marrocos, O Aaiún en Sáhara Occidental e a Nuakchot en Mauritania.

Frota[editar | editar a fonte]

En maio de 2018 a frota de Binter Canarias estaba composta polos seguintes avións:[1]

Frota de Binter Canarias
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
ATR 72-500 7 68
ATR 72-600 11 1[2] 72
Bombardier CRJ1000 3 100 2 alugados a Air Nostrum e 1 a Medavia
Embraer E195-E2 3 132 Van ser entregados a finais de 2019

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Binter Canarias Fleet Details and History". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-01. 
  2. "Binter announces repeat order for additional six 72-600s". ATR. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]