Aeroporto de Gran Canaria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Aeroporto de Gran Canaria Aeropuerto de Gran Canaria |
|||
|---|---|---|---|
| IATA: LPA – ICAO: GCLP | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Público | ||
| Operador | AENA | ||
| Cidade/Illa | Gran Canaria | ||
| Elevación (msnm) | 78 pés / 24 metros | ||
| Coordenadas | 27°55′54″N 15°23′11″W / 27.93167°N 15.38639°WCoordenadas: 27°55′54″N 15°23′11″W / 27.93167°N 15.38639°W | ||
| Web | |||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| metros | pés | ||
| 03L/21R | 3.100 | 10.200 | asfalto |
| 03R/21L | 3.100 | 10.200 | asfalto |
| Estatísticas (2008) | |||
| Pasaxeiros | 10.212.123 | ||
| Operacións | 116.252 | ||
| Carga (ton.) | 33.695 | ||
O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, ICAO: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.
Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma de Mallorca e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas inmediaciones do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo de Canarias.