Aeroporto de Lanzarote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Lanzarote
IATA: ACE – ICAO: GCRR
Sumario

O Aeroporto de Lanzarote é un aeroporto español xestionado por Aena, situado na illa canaria de Lanzarote que se atopa a 5 km de Arrecife, capital da illa, e dentro do termo municipal de San Bartolomé. Tamén se lle coñece como "Aeroporto de Guacimeta", polo topónimo histórico do lugar sobre o que se atopa.

O aeroporto é a principal vía de comunicación da illa de Lanzarote co exterior, dada a súa condición de insularidad, ademais constitúe o eixo básico da economía da Illa, xa que recibe a maioría de turistas nacionais e internacionais. Tradicionalmente tivo un importante tráfico chárter; actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

Segundo datos de 2009, o de Lanzarote é o terceiro aeroporto canario en tráfico de pasaxeiros (detrás do Aeroporto de Gran Canaria e o Aeroporto de Tenerife Sur), ademais é o décimo a nivel nacional con 4.701.480 pasaxeiros.[1]

Conta cun Museo Aeronáutico[2] situado na estrada que dá acceso ás terminais do aeroporto. Pódese visitar de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas, gratuitamente e é apto para todos os públicos. Na súa maioría é material fotográfico, que mostra desde os comezos da aviación na illa (desde a inauguración do aeroporto, o 12 de xuño de 1946) ata as datas nas que nos atopamos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Informe 2009 Estatísticas de AENA
  2. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]