Aeroporto de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Valencia
Aeroport de València
Aeroport de Manises

Valencia-WH1.jpg
Vista da pista do aeroporto.

IATA: VLC – ICAO: LEVC
Sumario
Tipo Público
Operador AENA
Cidade/Illa Valencia
Ubicación Manises/Quart de Poblet
Elevación (msnm) 225 pés / 68,67 metros
Coordenadas 39°29´21"N 00°28´54"E
Web Sitio web do Aeroporto en AENA
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
04/22 3.707 1.130 asfalto
12/30 10.499 3.200 asfalto
Estatísticas (2008)
Pasaxeiros 5.779.336
Operacións 96.782
Carga 13.324.985

O Aeroporto de Valencia (en catalán: Aeroport de València), denominado tamén Aeroporto de Manises é un aeroporto xestionado por AENA situado entre os termos municipais de Manises e Quart de Poblet, nas proximidades da cidade de Valencia. O tráfico que soporta é maioritariamente regular e estatal aínda que o tráfico de vos charter medra cada ano. Os destinos con maior tráfico son Madrid, que acapara preto da metade do seu tráfico, Palma de Mallorca, Barcelona, Sevilla e Eivissa. Ten conexión co Aeroporto de Santiago de Compostela.

No ámbito internacional París, Milán, Londres, Múnic e Nova York son os destinos máis importantes.