Aeroporto de Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Huesca

Huesca - Aeropuerto Huesca-Pirineos.jpg

IATA: HSK – ICAO: LEHC
Sumario
Tipo Público
Operador AENA
Cidade/Illa Huesca, España
Elevación (msnm) 1.769 pés / 539 metros
Coordenadas 42°04′51″N 00°19′24″W / 42.08083°N 0.32333°W / 42.08083; -0.32333Coordenadas: 42°04′51″N 00°19′24″W / 42.08083°N 0.32333°W / 42.08083; -0.32333
Web AENA-Aeroporto de Huesca
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
12R/30L 6.890 2.100 Asfalto
12L/30R 2.018 615 Asfalto

O Aeroporto de Huesca-Pireneos (IATA: HSK, OACI: LEHC) está localizado a 10,5 quilómetros ao sueste de Huesca, entre os termos municipais de Alcalá del Obispo e Monflorite. O seu emprazamento resulta privilexiado para a comunicación co Pirineo aragonés, referente obrigado para os afeccionados ao esquí, xa que nel se atopan algunhas das principais estacións de España.

Índice

[editar] Infraestruturas

Para dotalo dunhas instalacións modernas, capaces de atender dentro duns adecuados niveis de seguridade e calidade a demanda de tráfico aéreo, Aena executou importantes obras de infraestruturas, consistentes fundamentalmente na construción dunha nova Área Terminal e un novo Campo de Voos.

Declarado aeroporto de interese xeral e incorporado á rede de Aena en outubro de 2000, o aeroporto atópase aberto para operacións de voo visual desde o 21 de decembro de 2006. O 10 de maio entraron en vigor os procedementos instrumentais baseados no novo VOR/DME que se instalou. Actualmente existen dúas zonas de voo diferenciadas, unha para uso exclusivo dos planeadores e outra para as aeronaves con motor. Así, asegúrase a compatibilidade de ambos tipos de aeronaves, ao ter asignados espazos aéreos diferenciados. Tamén conta cunha escola privada de pilotos de voo comercial.

O seu primeiro voo transcorreu entre Huesca e A Coruña, nun acto histórico para a provincia. Os ocupantes do avión foron os xogadores do equipo de balonmán de Huesca, que se dirixían á cidade galega a xogar un partido.

[editar] Compañías aéreas e enlaces

Na actualidade non existen voos regulares desde o aeroporto de Huesca, pero si véñense ofrecendo voos puntuais durante o inverno.

Compañía aérea Destinos
España Pyrenair España Madrid-Barajas (MAD)
España A Coruña (LCG)
España Sevilla (SVQ)
España Palma de Mallorca (PMI)
Flag of the United Kingdom.svg Londres-Gatwick (LGW)
España Las Palmas (LPA)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas