Pé (medida)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O pé é unha unidade de lonxitude de orixe natural (baseada no pé humano), xa utilizada polas civilizacións antigas.
O pé romano, ou pes, equivalía a 29,57 cm; o pé castelán a 27,6 cm.
Actualmente foi substituído en case todo o mundo polas unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI), salvo no uso corrente nos países anglosaxóns.
Índice |
[editar] Sistema anglosaxón
En inglés, a medida «pé» escríbese foot e se pluraliza feet, a abreviatura é: ft ou ' (comiña simple).
Equivalencias:
- 1 pé = 12 polgadas
- 1 pé = 30,48 centímetros
- 1 polgada = 2,54 centímetros
Actualmente o «pé» utilízase só como unidade de medida popular nos Estados Unidos e o Reino Unido, e aínda se emprega en aeronáutica, e tamén fóra dos países anglosaxóns, para expresar a altitude de avións e outros vehículos aéreos. A adopción por estes países do Sistema Internacional fai xa uns anos irá facendo caer en desuso esta unidade, tamén nestes países.
Era usual utilizalo para lonxitudes de ata uns tres metros. Para lonxitudes maiores adóitase empregar a iarda ou a milla.
[editar] Pé de agrimensura
Para o acotamiento de terras e costas, o Sistema Público de Agrimensura de Terras de Estados Unidos utiliza unha variedade chamada «pé de agrimensura», cuxa lonxitude equivale a 30,4800609601219 centímetros.
[editar] Pé madeireiro (ou pé taboleiro)
Na industria da madeira é usual utilizar o «pé madeireiro», tratándose neste caso dunha unidade de volume. O seu valor é o que corresponde a unha peza cadrada de 1' de lado e 1" de espesor.