Organización da Conferencia Islámica
A Organización da Conferencia Islámica (en árabe:منظمة المؤتمر الإسلامي, en turco: İslam Konferansı Örgütü, en persa: سازمان کنفرانس اسلامی, en francés: Organisation de la Conférence Islamique, en inglés: Organization of the Islamic Conference, en malaio: Persatuan Persidangan Islam, indonesio: Organisasi Konferensi Islam) é un organismo internacional que agrupa aos estados de confesión musulmá, que foi creado en 1969 durante a Conferencia de Rabat e formalizada dous anos despois. A súa sede está en Jeddah (Arabia Saudí). Conta con cincuenta e sete membros, incluíndo á representación da Autoridade Nacional Palestina.
As súas accións circunscríbense á actividade colaborativa entre os seus membros, sobre todo na loita contra o imperialismo, o neocolonialismo e a emancipación de Palestina. Historicamente celebráronse diversos congresos que contribuíron co seu desenvolvemento: Lahore (1974), A Meca (1981), Casablanca (1984), Kuwait (1987), Dakar (1991). A súa repercusión é menor que a da Liga Árabe.