Banco Asiático de Desenvolvemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados membros, en azul da rexión Asia-Pacífico, en vermello doutras rexións

O Banco Asiático de Desenvolvemento (BAD en inglés Asian Development Bank, ADB) é un banco de desenvolvemento rexional establecido o 22 de agosto de 1966 para facilitar o desenvolvemento dos países asiáticos. O banco admite membros da [[Comisión Económica e Social para Asia e o Pacífico] e países desenvolvidos de fóra da rexión. Conta con 48 membros de Asia e Pacífico e 19 foráneos. A súa sede está na cidade filipina de Mandaluyong e o seu obxectivo principal é a eliminación da pobreza e mellorar a calidade de vida da poboación.