Bandeira de Acerbaixán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Acerbaixán
Bandeira de Acerbaixán
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción9 de novembro de 1918
Cores     azul     vermello     verde     branco

A bandeira de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan bayrağı) é a bandeira nacional de Acerbaixán. Consiste en tres franxas horizontais de igual tamaño, sendo azul a superior, vermella a central e verde a inferior. No centro da faixa vermella, aparecen unha lúa crecente branca e unha estrela de oito puntas tamén de cor branca.

A cor azul representa a herdanza túrquica, a vermella a modernización da sociedade e o progreso, e a verde ao islam.[1] As cores oficiais e o tamaño foron adoptados oficialmente o 5 de febreiro de 1991. Dende entón a bandeira é mencionada na Constitución e dúas veces no himno nacional. A bandeira é usada en terra, como civil, estatal e de guerra; no mar, como civil, estatal, naval e de guerra. O 17 de novembro de 2009, por decreto presidencial, o 9 de novembro foi declarado Día da Bandeira Nacional.

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira actual utilizouse por vez primeira en 1918, cando Acerbaixán logrou a súa independencia do Imperio ruso durante a Revolución e a súa posterior guerra civil. Esta bandeira (cuxa única diferenza era a posición da media lúa e a estrela e os seus tamaños) durou até 1920, ano no que Acerbaixán incorpórase á Unión Soviética. A partir desta data, adopta unha bandeira vermella coa inscrición ССРА (SSRA, iniciais en cirílico da República Socialista Soviética de Acerbaixán) na esquina superior ao lado do mastro. En 1937 engádese a fouce e o martelo e cámbianse as iniciais por AzSSR en caracteres latinos. Nos anos 1940, cámbianse os caracteres latinos por cirílicos, quedando АзССР. O 7 de outubro de 1952, adóptase unha nova bandeira, que é semellante á da URSS, pero cunha franxa azul na parte inferior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Embassy of the Republic of Azerbaijan to Canada". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2010. Consultado o 05 de marzo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]