Saltar ao contido

Xoán XXI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán XXI, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ioannes PP. XXI
(pt) Pedro Julião Rebolo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1215 Editar o valor en Wikidata
Lisboa (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 1277 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Palazzo dei Papi di Viterbo (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Viterbo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
187º Papa
20 de setembro de 1276 – 20 de maio de 1277
← Hadrián VNicolao III →
Cardeal
3 de xuño de 1273 –
Cardinal-Bishop of Frascati (en) Traducir
3 de xuño de 1273 – 8 de setembro de 1276
← Eudes de Châteauroux (pt) TraducirOrdonho Alvares (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Frascati (pt) Traducir
Arcebispo de Braga
1272 – maio de 1275
← Agostinho de Jesus e Sousa (pt) Traducir
Bispo diocesano Tusculum (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPedro Hispano
João XXI Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico, filósofo, sacerdote católico, profesor universitario, matemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Siena Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de xullo de 1276Conclave de julho de 1276 (pt) Traducir
21 de xaneiro de 1276Conclave de janeiro de 1276 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX964690 WikiTree: Julião-13

Xoán XXI, nado co nome de Pedro Julião e coñecido tamén como Pedro Hispano, nado en Lisboa entre 1210 e 1220 e finado en Viterbo o 20 de maio de 1277, foi Papa da Igrexa católica entre o 20 de setembro de 1276 e a data da súa morte.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Pedro Julião, fillo do médico Julião Rebelo e de Teresa Gil, naceu en Lisboa entre 1210 e 1220.

Comezou os seus estudos na escola episcopal da Sé de Lisboa. Máis tarde acudiu á Universidade de París (algúns historiadores afirman que foi á de Montpellier), onde estudou Medicina e Teoloxía, e dedicando especial atención ás conferencias de Dialéctica, de Lóxica, e, sobre todo, ás de Física e Metafísica aristotélicas.

Entre 1245 e 1250, ensinou Medicina na Universidade de Siena (hoxe Italia), onde escribiu algunhas obras, das que salientan as Summulæ Logicales, que sería para as universidades europeas o manual de referencia respecto da lóxica de Aristóteles.

En 1272 foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Braga, sucedendo a Martinho Geraldes.

Despois da morte do papa Hadrián V, o 18 de agosto de 1276, Pedro Hispano foi elixido Papa no conclave do 13 de setembro e coroado o 20 de setembro. Faleceu oito meses despois, o 20 de maio de 1277, a causa das graves feridas a consecuencia dun accidente ocorrido na catedral de Viterbo, na que dirixía as obras. Alí foi inhumado.

En marzo de 2000, por empeño do alcalde de Lisboa, João Barroso Soares, outorgóuselle un sitio máis honroso, sendo trasladado á nave central.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.