Conversa:Sobrado

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

son dun dominio público que é a web do concello sobrado que supoño que son sacadas de outras fontes publicas xa que e a historia do concello pertence a todos e non teñen un dereito de autor e mais se é un ente publico que as expón. Non estou divulgando algo creativo que teña como fin unha actividade comercial se non so dibulgativo que supoño que e o que trata esta web e de ofertar canta mais informacion posible.e sobre todo veraz e non unha ocurrencia calquera .tamen podo escribilo sacando de calquera publicacion que se fai sobre este concello e ahi dubido que vos enterariades.¿ e prergunto eu ??¿acaso eso non vulnera os dereitos de autor? ¿non e mellor que alguen poña esta informacion a disposicion da wikipedia dunha fonte veraz e contrastada como un concello? e logo a xeografiae a historia dun concello ten copy right(qeu por certo na web non o pon)?? ¿acaso os datos xeograficos e historicos non son os mesmos dunha fonte a otra ??lembren que un monte mide o mesmo o diga eu, a web do concello ou a National Geogrfic,algo que ocorreu no xeculo XV ocurreu nese seculo non noutro etc....¿non e mellor informacion xa procesada sen erratas e faltas de ortografia cunha estructura estandar? que mais da se o poño directamente que se o copio dun libro ou o dicto de cabeza (que serian datos sacados dalgun sitio cun copy right) .Con políticas asi non me extraña que xa son poucos os artigos en español que incluso son case superados polos suecos (sendo 30 veces menos falantes)e non quero pensar xa no galego que deben ser infimos e mais un idioma con moitos falantes pero poucos escribintes . se alguen cree que algun destes artigos ponde ser mellorado que o faga pero antes que non haxa nada mellor que haxa algo. creo que o mellor e construir e non destruir.

Grazas por ler isto e espero que a miña opinion sexa tida en conta

  • Procedo a volver o artigo ó estadio anterior ás contribucións desa ip. Motivo: Copyvio. Se non semella a miña actuación conforme as normas (políticas) rogo que se me faga saber. Se é posiblefacer as cousas mellor, dígaseme, por favor--Lmbuga Commons - Galipedia 02:14, 24 abril 2008 (UTC)
  • Para o usuario anónimo: As normas relativas ao copyright son iguais para as wikipedias en todas as linguas, desde logo non vaias á wikipedia sueca copiando páxinas de webs dos concellos suecos. O vitimismo non leva a ningures nin aquí nin en Suecia. Deixa pois o vitimismo e fai o que si se pode facer: utiliza os datos (só os datos) que aparecen na web do concello pero dándolle unha redacción propia, diferente da orixinal, así é como se fan as cousas ben.--Arco de Rayne 13:51, 24 abril 2008 (UTC)

Nome do Concello[editar a fonte]

Ola. Quería saber se o nome oficial do Concello é só "Sobrado" ou se é "Sobrado dos Monxes". Coméntoo porque a pasada fin de semana pasei polo concello e os indicadores viarios poñen "Sobrado dos Monxes", e a propia páxina web do municipio [1] así o recolle. No entanto, na web da Xunta figura "Sobrado" [2]. De calquera xeito, sexa ou non oficial a forma "Sobrado dos Monxes", creo que se debería crear unha páxina "Sobrado dos Monxes" que redireccione para "Sobrado".

--Rosamf 12:28, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Creei a redirección. En principio o Nomenclátor da Xunta é o que manda. Teño detectado algún caso no que o nomenclátor dá un nome distinto do que os veciños dan á súa parroquia, pero o oficial é o que debe ir aquí. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:08, 3 xaneiro 2010 (UTC)
Moitas grazas, Alberte. --Rosamf 18:44, 5 xaneiro 2010 (UTC)

Eu so queria remarcar que as ligazons aos artigos nas linguas Hawaii, Tok Pisin e a outra con caracteres hindus non se refiren a Sobrado dos Monxes! Manuel

En primeiro lugar non sei como se usa esta parte da wikipedia So remacar como sobradense que a unica forma oficial para referirse o concello é Sobrado, ainda que o núcleo creo que si que se denomina Sobrado dos Monxes. Por ultimo actualicei as ligazons externas que estaban obsoletas.