Monte Campelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°02′48″N 7°55′50″O / 43.04665, -7.93048 O monte Campelo é un cumio da serra da Cova da Serpe, situado no concello de Sobrado, na provincia da Coruña. Con 811 m é un dos puntos máis altos da provincia.

Cumio do monte.

No cumio atópase unha base de comunicacións do exército, a Base Militar de Campelo, no seu día moi importante (chegou a ter un destacamento de 50 persoas) hoxe en estado semi-abandonado.