Sobrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sobradés»)
Modelo:Xeografía políticaSobrado
Imaxe

Localización
Mapa
 43°02′31″N 8°01′39″O / 43.041944444444, -8.0275Coordenadas: 43°02′31″N 8°01′39″O / 43.041944444444, -8.0275
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalSobrado Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.777 (2023) Editar o valor em Wikidata (14,73 hab./km²)
Xentiliciosobradés Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie120,64 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude510 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJacobo Fernández García Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Sobrado Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15813 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15080 Editar o valor em Wikidata

Páxina websobrado.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: ConcelloSobrado Twitter: concsobrado Editar o valor em Wikidata
Mapa de Sobrado coas súas parroquias.
Sobrado no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849).

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol e Guitiriz (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca de Terra de Melide ó Partido Xudicial de Betanzos e á Diocese de Santiago. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6 km².

O termo municipal localízase nunha área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.

Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmedo, cunha temperatura media anual de 8,4 °C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22 °C e mínimas en decembro de 2,3 °C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200 mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.

En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.

Clima[editar | editar a fonte]

O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

Da era castrexa consérvanse varios castros[2]:

  • Castro do Cruceiro (Carelle)
  • Roda da Froxa (Carelle)
  • As Castronelas (Carelle)
  • Castro de Revillón (Carelle)
  • Castro de Roda de Socastro (Cumbraos)
  • Castro de Cumbraos (Cumbraos)
  • Castro de Grixalva (Grixalva)
  • Castro de Vilanova (A Porta)
  • Castro de Seixo (Codesoso)
  • Castro das Lagoas (Roade)

Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.

Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.

No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Evolución da poboación de Sobrado   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.899 5.583 6.459 3.466 2.360 2.139 2.037 1.965 1.847
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2015 1.911 habitantes
Menores de 15 anos 111 (5.81 %)
Entre 15 e 64 anos 1.065 (55.73 %)
Maiores de 65 anos 735 (38.46 %)
Gráfica de evolución demográfica de Sobrado entre 1842 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación de dereito (1842-1991) ou poboación residente (2001-2011) segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Sobrado na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Home de Melide, muller de Sobrado e vaca de Furelos, que os leven os demos.[3]

Aparece tamén Sobrado na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sobrado

Carelle (San Lourenzo) | A Ciadella (Santa María) | Codesoso (San Miguel) | Cumbraos (San Xiao) | Folgoso (Santa Cristina) | Grixalba (San Xiao) | Nogueira (San Xurxo) | A Porta (San Pedro) | Pousada (San Mamede) | Roade (Santo André)

Lugares de Sobrado[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 59. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. PXUM Sobrado
  3. "Lugar de referencia: Sobrado". Portal de ditados tópicos galegos. 
  4. Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]